Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta licita a redacción do proxecto para construír 24 vivendas públicas na rúa Angelo Collocci en Lugo, que suporán un investimento de 4,4 M€

Escoitar

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, por importe de máis de 196.000€ e cuxo prazo de presentación de ofertas remata o 14 de agosto

O edificio habilitarase nunha das 6 parcelas cedidas polo Concello e estímase que a súa construción suporá un investimento de ao redor de 4,4M€

En relación ás outras parcelas cedidas, o Goberno galego xa ten en licitación a redacción dos proxectos para 63 vivendas en Paradai e para 50 de aloxamentos temporais e compartidos para menores de 36 anos na rúa Illa Coelleira

Wed Jul 16 10:33:50 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

A Xunta licita a redacción dos proxectos básico e de execución e dirección de obra para a construción de 24 vivendas de promoción pública na rúa Angelo Collocci, en Lugo, que suporán un investimento estimado que roldará os 4,4 millóns de euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, por importe de máis de 196.000€ cuxo prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 14 de agosto.

O obxectivo é a construción dun edificio na parcela UA-N7, ubicada na rúa Angelo Collocci, unha das seis cedidas polos Concello de Lugo onde a Xunta prevé un total de 137 vivendas de promoción pública, cunha estimación de 20,9M€ de investimento.

En relación ás outras parcelas cedidas, o Goberno galego xa ten tamén en licitación a redacción dos proxectos para a construción de 63 vivendas de promoción pública na zona de Paradai. Ademais está en marcha a contratación da redacción do proxecto para executar 50 vivendas de aloxamento temporal e compartidos para menores de 36 anos na rúa Illa Coelleira.

A Xunta segue a traballar para incrementar o parque público residencial na cidade de Lugo, onde se están tamén a executar no barrio de Garabolos 4 inmobles que suporán máis de 460 vivendas protexidas, e no centro histórico, na rúa Catedral 18 e 22, rehabilitaranse 2 edificios ao abeiro do programa Rexurbe, para 2 fogares.

O Goberno galego tamén avanza no desenvolvemento da 1ª fase da Estratexia Galega de Solo Residencial, en colaboración cos concellos, para facilitar solo destinado á construción de 25.000 vivendas, 20.000 protexidas e 5.000 libres. En Lugo, o Executivo autonómico está a redactar o Proxecto de Interese Autonómico no ámbito do barrio do Sagrado Corazón, no cal se prevé a urbanización de solo para 1.200 vivendas.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal