Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas interveu no Parlamento de Galicia

A conselleira M. Allegue defende a protección indefinida e permanente de todas as vivendas de promoción pública do IGVS e Vipugal

Escoitar

Allegue sinalou que a Xunta ten en marcha a metade das 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura para acadar o reto de duplicar o parque público residencial ata as 8.000

Remarcou que Galicia é pioneira en habilitar solo onde poder construír vivenda, ao abeiro da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada pola Xunta

Puxo en valor as medidas da Xunta para brindar aos galegos máis oportunidades para acadar fogares dignos, de calidade e a prezos accesibles

Avanzou a publicación mañá no DOG da convocatoria do programa Fogar Vivo, con incentivos para que os propietarios reformen as vivendas e as poñan en alugueiro accesible

Allegue detallou que esta iniciativa tamén incluirá o financiamento de seguros multirrisco e de impago para os propietarios

Destacou que a Xunta aposta pola dinamización do mercado de alugueiro, construíndo vivendas neste réxime e reservando polo menos o 40% a menores de 36 anos, así como o 25% para venda

 

Wed Jul 09 17:39:47 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

A conselleira María M. Allegue defendeu hoxe no Parlamento a duración indefinida e permanente das vivendas de promoción pública (VPP).

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lembrou que foi o actual Goberno galego o que modificou a Lei de Vivenda autonómica para blindar que as vivendas públicas sexan sempre protexidas, tanto as construídas polo IGVS, como as promovidas pola sociedade Vipugal, así como todas as vivendas protexidas de promoción privada que se constrúan en solo desenvolvido, urbanizado  por promotor público. Igualmente se blinda esta condición para as vivendas que o IGVS adquira de particulares, e tamén de todas as adquiridas da Sareb.

Fixo fincapé en que, tanto a vivenda coma a propiedade, son dereitos constitucionais que a Xunta quere salvagardar e nesa materia prioritaria seguirá traballando.

Na súa intervención, Allegue salientou o esforzo do Executivo galego para incrementar a oferta de vivendas accesibles e, neste sentido, avanzou tamén que a Xunta publicará mañá no DOG a convocatoria do novo programa Fogar Vivo, con incentivos para que os propietarios poidan reformar as súas vivendas, aboar seguros multirrisco e de impago e poñer as vivendas en alugueiro accesible.

A conselleira indicou que a Xunta traballa na dinamización do mercado de alugueiro, polo que se están a construír VPP neste réxime e polo menos o 40% serán ofrecidas en alugueiro tamén a menores de 36 anos e o 25% para venda.

Ademais o Goberno galego aprobou incentivos fiscais que estimulen a promoción de vivenda protexida en alugueiro.

Concretou que para dinamizar o mercado de alugueiro ten que facerse sempre “sen criminalizar aos propietarios e dotando as medidas de seguridade xurídica”.

Puxo en valor as medidas da Xunta para brindar aos galegos máis oportunidades para acadar fogares dignos, de calidade e a prezos accesibles.

Neste sentido, destacou que o Goberno galego xa ten en marcha a metade das 4.000 vivendas para acadar o reto de duplicar o parque público residencial ata as 8.000.

Subliñou que a Sociedade Pública de Vivenda, Vipugal, creada polo Goberno galego, xa traballa a pleno rendemento.

Destacou que Galicia é unha comunidade pioneira en España en habilitar solo onde poder construír vivenda. Urbanizarase solo gracias á Estratexia de desenvolvemento de solo residencial e tómase a iniciativa que permitirá dispor de solo urbano onde poder construír vivenda pública, libre e protexida.

Na actualidade, a Xunta colabora na cesión ou permuta de solos onde construír máis vivenda pública con concellos como Lalín, Teo, A Estrada, Lugo, A Coruña, Ames ou Vilagarcía. A este respecto, criticou que municipios como Santiago, cun Goberno do BNG, é o único que aínda non cedeu solo.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal