Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta autoriza a adxudicación da redacción dos proxectos para a construción de 101 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia (Vigo)

Escoitar

O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación de dous contratos por importe de máis de 930.000 euros

Construiranse 75 vivendas nas parcelas M-IIIB-3 e M-IIIB-4 e 26 vivendas na parcela M-IIIB-14

Fri Jul 04 12:49:01 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou a adxudicación dos contratos para a redacción dos proxectos e dirección de obra de dous inmobles de 26 e 75 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo.

A redacción do proxecto para a construción de 75 vivendas nas parcelas M-IIIB-3 e M-IIIB-4 de San Paio de Navia encargarase a Fernández Carballada Asociados, S.L.P., por importe de 678.478,14 euros.

Tamén se adxudicará o contrato correspondente á parcela M-IIIB-14 de San Paio de Navia, na que se construirán 26 vivendas de promoción pública. Neste caso a redacción do proxecto e dirección de obra corresponderá á UTE Navia 14 (Villacé y Cominges S.L.P., Juan Pons Herrera e Lucas Gándara Álvarez). O importe do contrato será de 252.122,36 euros.

En ambos casos os redactores terán un prazo de dous meses para a presentación do proxecto básico e tres meses máis para o de execución, aínda que o contrato terá unha duración superior ao incluír tamén a dirección da obra.

A Xunta continúa avanzando no compromiso de duplicar o parque de vivenda pública na actual lexislatura coa incorporación ao mesmo de 4.000 novas vivendas, tendo na actualidade en execución máis de 2.200.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal