Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta licita por 7,9 M€ as obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 26 vivendas destinadas a alugueiro accesible en Ferrol, Lugo e Mondoñedo

Escoitar

As actuacións enmárcanse no Programa Rexurbe e os inmobles están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos

As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 12 de agosto

Wed Jul 02 15:55:31 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025

A Xunta vén de licitar por preto de 8 M€ (7.986.139€) as obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 26 vivendas destinadas a alugueiro accesible nos cascos históricos de Ferrol, Lugo e Mondoñedo.

Estas actuacións enmárcanse no Programa Rexurbe da Xunta, co que a Administración está a adquirir inmobles en centros históricos para rehabilitalos con destino a alugueiro accesible.

Deste xeito, as vivendas rehabilitadas serán cualificadas como de promoción pública e pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade da Xunta e serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible recorrendo ás persoas inscritas no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.

A licitación destes contratos divídese en catro lotes distintos e as empresas teñen de prazo ata o 12 de agosto para a presentación de ofertas. En conxunto, o obxectivo é habilitar un total de 26 vivendas, incluíndose a habilitación de 17 rochos e 3 locais.

O primeiro e o segundo lote correspóndense coa contratación das obras de rehabilitación integral de seis edificios no municipio de Ferrol.

Así, no primeiro inclúense tres edificios, un situado na rúa San Francisco 13 no que se habilitarán 2 vivendas públicas e 2 rochos. Tamén se impulsarán as obras de rehabilitación doutro edificio para 2 VPP, 2 rochos e 2 locais na rúa Mercé 22 - esquina rúa Carme Curuxeiras 36-38; e o terceiro inmoble está situado na rúa Dolores 28, barrio da Magdalena, onde se habilitarán outras 3 vivendas, 3 rochos e 1 local.

No segundo lote, tamén en Ferrol, inclúense a contratación das obras de rehabilitación en outros tres edificios, neste caso os situados na rúa Espartero, números 18, 46 e 59, respectivamente. No primeiro inmoble habilitaranse 3 VPP e 3 rochos, no segundo 2 VPP e no terceiro a obra incluirá 2 VPP e 2 rochos.

O terceiro lote corresponde a dous edificios no concello de Lugo, situados na rúa Catedral 18 e 22. En cada un deles habilitarase 1 vivenda protexida.

O cuarto  lote comprende a rehabilitación de cinco edificios para a obtención de novas vivendas de promoción pública en Mondoñedo.

Trátase de rehabilitar 1 edificio para 1 VPP e 1 rocho na praza Muíños de Arriba 24; outros 2 edificios para 4 VPP e 4 rochos na rúa Guevara 7 e 9, así como actuar nun edificio para 1 VPP na rúa Febrero 30, e noutro inmoble para 2VPP na rúa Álvaro Cunqueiro 34. Tamén se inclúe neste último lote as obras de remodelación e reforzo estrutural de 2 VPP e mellora da envolvente do edificio na rúa Progreso 10.

Todas estas obras contan coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco operativo Feder Galicia 2021-2027.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal