O secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, asiste á presentación da nova app do COAG dedicada a concursos de proxectos de arquitectura
- Compartir
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, asistiu hoxe á presentación da nova aplicación para a organización de concursos de proxectos de arquitectura.
A citada aplicación, promovida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, foi presentada esta mañá nun acto no Museo do Pobo Galego en Santiago, no que interveu o presidente do COAG, Luciano González Alfaya.
Trátase dunha ferramenta que será de utilidade para facilitar e axilizar a realización deste tipo de concursos de proxectos, cuxos resultados se materializan posteriormente en actuacións en beneficio da cidadanía.
O Goberno galego continúa a traballar para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda e para avanzar nese reto aposta pola colaboración entre administracións e a cooperación público-privada. Neste sentido, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia colabora coa Consellería de Vivenda, formando parte do Observatorio Galego de Vivenda e participando na sección de Intermediación, na sección Social e tamén na sección Técnica.