A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Pontedeva
- Compartir
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González.
Nesta reunión, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron de xeito especial actuacións en materia de vivenda, así como de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio ourensán.
Martínez Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.