Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe o inicio das obras de rehabilitación dun inmoble no marco do Programa Rexurbe na Coruña

A Xunta inicia na Coruña a rehabilitación dun edificio do século XIX para acadar 4 vivendas para alugueiro accesible para menores de 36 anos

Escoitar

O investimento na renovación deste edificio rolda os 2M€ de fondos propios da Xunta

A conselleira destaca que as 4 vivendas do inmoble estarán destinadas a alugueiro accesible para menores de 36 anos

A actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta promove a rehabilitación en centros históricos para logo cualificar as vivendas como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda

No marco do programa Rexurbe, a Administración autonómica ten adquirido dous inmobles na Coruña, na rúa Santa María 6 para 3 vivendas, que se atopa na fase de redacción de proxecto, e o da rúa San Andrés 88 que se comeza a renovar hoxe

Allegue anuncia que esta semana publicarase a licitación das obras de rehabilitación de 13 edificios para 26 vivendas para alugueiro accesible no marco do programa Rexurbe en Ferrol, Lugo e Mondoñedo, cun investimento total de 8M€

Tue Jul 01 12:55:21 CEST 2025
  • Compartir

A Coruña, 1 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, un inmoble da rúa San Andrés 88 no que se van iniciar as obras de rehabilitación para acadar 4 vivendas para alugueiro accesible a menores de 36 anos, no casco histórico da Coruña. O Goberno galego investiu máis de medio millón de euros en adquirir o inmoble e 1,3M€ na obra, o que suma que preto de 2M€ de fondos propios da Xunta tendo en conta o importe total na actuación. 

M. Allegue recordou que na cidade herculina a Xunta adquiriu dous inmobles ao abeiro do Programa Rexurbe, un na rúa Santa María 6 para 3 vivendas, que se atopa na fase de redacción de proxecto, e o da rúa San Andrés 88 que se comeza a renovar hoxe.

Estas intervencións en centros históricos teñen como obxectivo recuperar inmobles para logo cualificar as vivendas resultantes como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, e así fixar poboación e actuar como catalizador dos conxuntos históricos galegos. 

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou o o compromiso da Xunta coa cidadanía da Coruña, onde xa están en marcha 210 fogares públicos a través da renovación de inmobles do programa Rexurbe, a construción de edificios para 104 vivendas de promoción pública en Xuxán, e as 99 dos solos cedidos polo Concello nos Rosais, Rei Abdullah e Pedro Fernández.

Por último, M. Allegue recordou que no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, o Goberno galego ten previsto desenvolver solo no ámbito de Monte Mero para 4.310 vivendas, o 80% protexidas.

Outras actuacións no marco do Programa Rexurbe

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas anunciou que esta semana publicarase no perfil do contratante a licitación das obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 26 vivendas para alugueiro accesible no marco do programa Rexurbe en Ferrol, Lugo e Mondoñedo, cun investimento total de 8M€.

 

 

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal