Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas interveu no Parlamento de Galicia

M. Allegue urxe a Conferencia sectorial de vivenda tras 8 meses sen reunirse para tratar coas comunidades un novo marco estatal consensuado e flexible para vivenda estable

Escoitar

A conselleira afirma que a Xunta non ten recibido nin un borrador do novo Plan de Vivenda cando o anterior 2022-2025 está cumprido pola comunidade ao 98% 

Acusa ao Goberno de errar na súa lexislación de vivenda, con medidas intervencionistas no mercado de alugueiro, e de favorecer no reparto de fondos a “gobernos amigos”

Sinala que na reunión onte do secretario xeral de Vivenda co director xeral de Vivienda se constatou o xiro centralista das políticas estatais  

Wed Jun 25 15:27:01 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, urxe a convocatoria da Conferencia Sectorial de vivenda, tras 8 meses sen reunirse, para tratar coas comunidades un novo marco estatal consensuado e flexible para vivenda estable.

Allegue interveu no Parlamento, onde lamentou que o Goberno Central estea a manter xuntanzas con Cataluña, País Vasco, Castela A Mancha, Asturias ou Navarra, sen convocar previamente a Conferencia Sectorial para abordar o novo Plan Estatal. 

Apuntou que a Xunta non ten recibido nin un borrador do novo Plan de Vivenda, cando o anterior, 2022-2025, xa está cumprido pola comunidade ao 98%.

Explicou que na reunión mantida onte entre o secretario xeral de Vivenda de Galicia e o director xeral de Vivienda do Ministerio se constatou un xiro centralista das novas políticas estatais.

Criticou tamén que as promesas de financiación do presidente do Goberno suporían maior presión financeira para as comunidades e máis control estatal.

Lembrou que a Xunta xa trasladou en decembro ao Ministerio as necesidades de Galicia  para o novo Plan, demandando financiación acorde co esforzo inversor de cada comunidade, axudas á rehabilitación, para vivenda protexida, para promotores e cooperativistas, en alugueiro, e para venta. 

O Goberno galego tamén solicitou ao Executivo máis colaboración con administracións competentes en vivenda como os concellos.

Recordou que para dispor de máis oferta de vivenda, cómpre construír vivenda pública, desenvolver solo, axilizar licenzas e apostar por máis financiamento para vivenda protexida. Engadiu que é necesario brindar seguridade xurídica ao mercado de alugueiro e avogar por incentivos fiscais, como está a facer Galicia. 

Fronte a esta falta de vontade do Executivo, Allegue subliñou o traballo da Xunta para facilitar o acceso á vivenda, triplicando o orzamento, con máis de  2.200 vivendas públicas en marcha, densenvolvendo solo urbanizable ou con apoio á mocidade, concellos ou promotores.

 

 

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal