Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, firmou hoxe este acordo co Concello da Coruña

A Xunta asina co concello da Coruña a cesión de 4 parcelas e confirma que xa ten en marcha as licitacións das redaccións de proxectos para construír un cento de vivendas públicas, cun investimento autonómico de preto de 19 M€

Escoitar

Trátase dos proxectos para habilitar 58 VPP na parcela dos Rosais; 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada; e  30 máis nas dúas parcelas de Pedro Fernández

Allegue engadiu as 104 vivendas en marcha no barrio do Xuxán, nas que o Goberno galego leva investido 23,4M€

A Xunta tamén está a impulsar o desenvolvemento de solo residencial na Coruña, concretamente no ámbito de Monte Mero, para 4.310 vivendas, o 80% delas protexidas

Tamén está acordada a cesión de parcelas cos concellos de Pontevedra, Lugo, Teo, Lalín e A Estrada para habilitar novas promocións e progresan as xestións con outros municipios

A Xunta avanza no reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura, pois o obxectivo é ter 4.000 máis en 2028 e xa hai máis 2.200 en diferentes fases de execución

Thu Jun 19 14:52:57 CEST 2025
  • Compartir

A Coruña, 19 de xuño de 2025

A Xunta asina co Concello da Coruña a cesión de 4 parcelas e confirma que xa ten en marcha as licitacións da redacción dos proxectos para construír un cento de vivendas públicas, cun investimento autonómico estimado de preto de 19M€.

Así o avanzou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, firmou co Concello da Coruña o citado acordo.

Allegue detallou que están publicadas no perfil do contratante a licitación da redacción dos proxectos das 58 VPP previstas na parcela dos Rosais; das 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada; e hoxe súmase a licitación para 30 máis nas dúas parcelas de Pedro Fernández.

Remarcou que estes fogares se engaden ás 104 vivendas que están en marcha en Xuxán, nas que o Goberno galego leva investido 23,4M€.

A Xunta tamén está a impulsar o desenvolvemento de solo residencial  na Coruña, concretamente no ámbito de Monte Mero, para 4.310 vivendas, o 80% delas protexidas.

Colaboración entre administracións

María Martínez Allegue subliñou que o Goberno galego, ademais de construír vivenda en solos de titularidade autonómica, tamén está a avanzar cara á construción de fogares en parcelas de titularidade municipal que ceden á Xunta, como neste caso na Coruña.

Fixo fincapé na importancia de sumar esforzos entre todas as administracións para dar resposta a unha das principais preocupacións dos galegos, que é o acceso á vivenda.

Cómpre lembrar que a Xunta está a avanzar nesa liña de colaboración cos municipios para facilitar solo e habilitar novas promocións, pois xa está acordada a cesión de parcelas cos concellos de Pontevedra, Lugo, Teo, Lalín e A Estrada. Ademais, progresan as xestións con concellos como Ames, Sanxenxo, Carballo, Narón, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao das Viñas ou Bueu.

O Goberno galego está a poñer ao servizo dos concellos ferramentas útiles coma o novo programa de oferta de Solos co fin de axudarlles a sacar a concurso as súas parcelas coa axuda técnica do IGVS, e facilitar así a construción de vivenda protexida en máis localidades.

O Executivo autonómico tamén ten abertos os fondos de cooperación para conceder préstamos sen xuros aos concellos, para rehabilitar o seu parque de vivendas, e como novidade, un fondo de 10M€ para a construción de fogares protexidos ou para adquirir parcelas para construción de vivendas protexidas.

A Xunta segue traballando para acadar o reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura. O obxectivo é ter en 2028, 4.000 máis, e xa hai máis 2.200 en diferentes fases de execución.

Área: Edificación ; Solo empresarial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal