M. Allegue pon en valor a colaboración co Clúster da Construción, “imprescindible para duplicar o parque público residencial”
- Compartir
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor hoxe a colaboración público-privada, “imprescindible para acadar o reto de duplicar o parque público residencial”. Allegue mantivo hoxe un encontro co Consello Asesor do Clúster da Construción Galicia Constrúe en Santiago, entidade que preside Diego Vázquez Reino.
Allegue subliñou que a Xunta está a traballar conxuntamente, “coa man tendida a un sector forte e estratéxico como é o da construción”. E nese senso, a conselleira destacou o convenio co Clúster da Construción para a elaboración dun plan de acción para o impulso da construción industrializada en Galicia, así como dun plan director da industria da construción, sector declarado estratéxico pola Xunta.