Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou en Cortegada unha das vivendas beneficiadas desta ordes das axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo salientou os máis de 960.000 € que a Xunta destinou á reforma de 19 inmobles de titularidade municipal en 13 concellos ourensás para alugueiro social

Escoitar

O delegado territorial lembrou que na convocatoria deste ano contou cun orzamento total de 1.850.000€

Os concellos beneficiados -segundo detallou o delegado territorial- son os de Vilar de Barrio, Verea, Muíños, Bande, Baltar, Taboadela, Cartelle, Vilamarín, Chandrexa de Queixa, Cortegada, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, e A Arnoia

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vai destinar preto de 50.000 euros para a reforma dun inmoble do concello de Cortegada

O delegado territorial salientou que, entre 2017 e 2025, a Xunta concedeu axudas para a rehabilitación de preto de 300 vivendas a 106 concellos galegos por un importe de 12M€. Neste sentido, na provincia de Ourense, beneficiáronse 46 concellos e se acadaron 121 vivendas

Wed Jun 18 13:02:15 CEST 2025
  • Compartir

Ourense, 18 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, puxo en valor os máis de 960.000 euros que o Goberno galego vai destinar á rehabilitación de 19 vivendas en 13 concellos da provincia de Ourense.

Así o fixo esta mañá na súa visita ao concello de Cortegada, onde, acompañado do seu alcalde, Avelino Luis de Francisco, achegouse a un dos inmobles beneficiados das axudas aos concellos para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, no que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vai destinar preto de 50.000 euros para a súa reforma.

Os concellos beneficiados ata o de agora -segundo detallou o delegado territorial- son os de Vilar de Barrio (2), Verea (1), Muíños (1), Bande (1), Baltar (4), Taboadela (1), Cartelle (1), Vilamarín (1), Chandrexa de Queixa (3), Cortegada (1), Vilariño de Conso (1), Viana do Bolo(1), e Arnoia (1).

Durante a visita, o representante do Goberno galego  lembrou que na convocatoria deste ano, que contou cun orzamento total de 1.850.000€ ata 2026, buscou ampliar o apoio aos concellos para impulsar estas actuacións en edificios da súa titularidade, como poden ser as antigas vivendas de mestres ou outros oficios. Deste xeito, as axudas estendéronse agora aos que conten con menos de 30.000 habitantes, cando antes se limitaba aos de menos de 20.000.

Manuel Pardo fixo fincapé en que as axudas autonómicas acadaron ata o 95% do orzamento das obras, sen superar os 50.000€ por vivenda rehabilitada, que ascenderon a 55.000 euros no caso de que se atopasen nun ámbito histórico ou nun ámbito dos Camiños de Santiago ou da Ribeira Sacra e a 57.000 se a vivenda estivese nunha área Rexurbe.

Ademais, nesta convocatoria ampliáronse as actuacións financiables e estendéronse aos proxectos de rehabilitación que inclúan a ampliación das edificacións. E, por outra banda, eliminouse o requisito de que os concellos contasen con demandantes no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

O delegado territorial salientou que, entre 2017 e 2025, a Xunta concedeu axudas para a rehabilitación de preto de 300 vivendas a 106 concellos galegos por un importe de 12M€. Neste sentido, na provincia de Ourense, beneficiáronse 46 concellos e se acadaron 121 vivendas.

Área: Vivenda ; Rehabilitación
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal