Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Constituído o xurado do concurso de ideas para a urbanización do ámbito UI-8 do barrio da Tinería e a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, en Lugo

Escoitar

Este xurado será o encargado de avaliar as 17 propostas presentadas e conceder os tres premios do concurso

O gañador encargarase dos proxectos da UI-8 e da rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e de rehabilitación de catro inmobles existentes, así como dos proxectos das novas edificacións

Mon Jun 16 14:28:57 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025

Hoxe constituíuse o xurado do concurso de proxectos para a ordenación, desenvolvemento e urbanización do ámbito da UI-8 do Barrio da Tinería en Lugo, para a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e edificios contiguos e para a construción das novas edificacións neste  ámbito.

O xurado está integrado por Ricardo Valencia, director técnico de edificación e calidade do IGVS; Susana Orgaz e Vanesa Cotoya, arquitectas da oficina técnica de edificación do IGVS; Patricia B. Vázquez Mille, do Concello de Lugo; María Elenea Parajó, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; Sagrario Roel Alonso, da Consellería de Facenda e Administración Pública; Juan Roberto Barcia, asesor xurídico do IGVS; e José Luis Montero, do servizo de contratación do IGVS, que actuará como secretario.

O obxectivo é avaliar as 17 propostas presentadas e seleccionar os tres galardoados, que recibirán premios por importe de 12.000, 10.000 e 8.000 euros respectivamente.

Á persoa galardoada co primeiro premio seranlle adxudicados os contratos de redacción do plan especial de ordenación do ámbito da UI-8 e do proxecto de rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e das edificacións da rúa Miño 19 e 21 e da rúa Falcón 16 e 18. Tamén lle corresponderán a redacción do proxecto urbanización da UI-8 e contorno do Pazo de Dona Urraca e dos proxectos das novas edificacións incluídas na UI-8.

O importe total destes contratos, incluído o importe do primeiro premio, será de 489.144,02 euros, IVE incluído.

Os proxectos indicados permitirán poñer en valor o espazo da UI-8 así como a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca e a consecución de arredor de 16 vivendas, das que 6 serán rehabilitadas e o resto obra nova.

Área: Edificación ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal