Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

María M. Allegue urxe ao Goberno central que convoque a Conferencia Sectorial de Vivenda

Escoitar

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas clausura as xornadas “La Galicia que viene” organizadas por El Español na Coruña, nas que se debateu sobre o futuro da comunidade, da man de expertos e representantes de diversos sectores económicos

A conselleira trasladou que en tan só un ano de lexislatura se ten avanzado moito en materia de vivenda e destacou que a Xunta xa ten marcha 2.200 vivendas públicas, ademais, se constituíu a nova Sociedade de Vivenda Pública (VIPUGAL) que ten xa en distintas fases de execución 1.200 fogares, se levaron adiante cambios normativos e fiscais para desburocratizar e axilizar os procesos de construción, e se aprobaron un importe feixe de medidas para incentivar ao sector ou  axudas para particulares para facilitar a adquisición de vivenda

Allegue destacou os acordos cos diferentes concellos de Galicia para acadar máis parcelas onde construír vivenda protexida e as medidas impulsadas polo Goberno galego para dar máis capacidade económica e técnica ás entidades locais

Wed Jun 11 15:11:58 CEST 2025
  • Compartir

A Coruña, 11 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, pechou as xornadas “La Galicia que viene” organizadas por El Español na Coruña, foro que aproveitou para volver a reclamar ao Goberno central a convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Vivenda, que non se celebra dende outubro do 2024 e que é “fundamental para buscar alianzas  e solucións fronte o problema da vivenda no país”. A conselleira esixiu “menos anuncios en prensa e máis diálogo coas Comunidades Autónomas”.

Allegue agradeceu a invitación á xornada de traballo, na que expuxo os avances en materia de infraestruturas e vivenda neste primeiro ano de lexislatura do Goberno Rueda, no que un dos principais retos é duplicar o parque público residencial en Galicia nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000 vivendas. A conselleira apuntou que xa están en marcha máis de 2.200 en distintas fases de execución e puxo en valor a Sociedade Pública de Vivenda (VIPUGAL), que está a asumir compromisos firmes e a traballar a pleno rendemento por unha Galicia con máis e mellores oportunidades en materia de vivenda, “mentres seguimos a agardar que a anunciada empresa pública do Ministerio de Vivenda bote a andar despois de levar anunciada máis de sete meses”.

Entre as medidas da Xunta para impulsar a construción de nova vivenda, a titular de Vivenda destacou tamén que a Administración autonómica ten modificado a normativa para facer máis áxil habilitar solo que permita seguir construíndo a través dos Proxectos de Interese Autonómicos, dentro da Estratexia Galega do Solo. A conselleira tamén salientou a tramitación en curso do decreto ECOMM, que permitirá axilizar as concesións de licenzas, que terá a mesma validez e efectos que os informes técnicos e xurídicos municipais.

M. Allegue trasladou aos asistentes as achegas e programas postos en marcha polo Executivo galego e destacou o programa Fogar Vivo para recuperar para o mercado de alugueiro vivendas baleiras con prezos accesibles, con axudas de ata 16.000€ para obras de reforma e un seguro de impago e multirrisco.

M. Allegue tamén salientou que o Goberno galego está a traballar co Clúster da Construción para incrementar a industrialización do sector, co obxectivo de enfrontar a falta da man de obra, un dos principais problemas do sector, e mellorar os tempos de traballo e a trazabilidade.

Acordos e medidas con entidades locais

Por outra banda, a conselleira destacou o papel das entidades locais no reto de garantir o acceso á vivenda, motivo polo que a Xunta ten en marcha medidas de acompañamento e liñas de financiamento como os fondos de cooperación dirixidos a concellos dotados con 13,7M€, para comprar ou urbanizar solo onde construír vivenda de protección autonómica e tamén promover VPA, polo concello ou en colaboración público privada.

A este programa súmase outro de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida, para dar saída a parcelas da súa propiedade, dándolles acompañamento técnico. Deste xeito, a Xunta sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia as parcelas urbanizadas das que dispoñan, para a construción de fogares protexidos tanto en réxime de alugueiro como de venda.

M. Allegue incidiu, ademais, nos numerosos acordos que está a pechar cos concellos a Xunta, de cara a acadar máis parcelas onde construír.

Infraestruturas para unha Galicia sostible e segura

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas salientou a importancia dunhas infraestruturas axeitadas para que as empresas e a industria galega sexa competitiva e destacou que a Xunta ten o máximo compromiso coa conservación e mantemento das estradas autonómicas, pero “tamén precisamos ese compromiso coas estradas estatais, como no caso da AP9”.

M. Allegue puxo en valor o rescate de 4 autovías, eliminando o coste da peaxe en sombra da autovía do Salnés (AG-41), O Barbanza (AG-11), Santiago-Brión (AG-56) y Ourense-Celanova (AG-31)  que permite aforrar máis de 330M€  e “que devolvemos en forma de inversión no noso territorio para seguir avanzando en proxectos tan importantes coma a Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda, ou Brión-Noia, Santiago- A Estrada, Nadela- Sarria ou a futura prolongación da autovía Costa da Morte”.

Por último, destacou os máis de 300kms de sendas peonís e ciclistas impulsados polo Goberno galego e o seguinte plan de sendas que prevé 120 kms máis ata 2027, no que traballa a Xunta.

Área: Axudas ; Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal