Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo un encontro co sector da construción desta provincia

María M. Allegue traslada ao sector da construción en Ourense as achegas e programas para impulsar a construción de vivendas protexidas

Escoitar

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas agradeceu o compromiso ao sector da construción e alentou aos asistentes a implicarse no reto para duplicar o parque público residencial 

A conselleira trasladou aos construtores as achegas e programas postos en marcha pola Xunta

Destacou que a Administración autonómica está a promover un plan de acción para potenciar o emprego de técnicas industrializadas na construción de vivendas

Thu May 29 11:56:23 CEST 2025
  • Compartir

Ourense, 29 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid, mantivo hoxe en Ourense un encontro con máis de medio centenar de representantes de entidades do sector integradas na Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO).

Allegue agradeceu a invitación á xornada de traballo, enmarcada na “fundamental cooperación entre as administracións e un sector que está a amosar o seu compromiso”. Incidiu neste senso que deste continuo diálogo están a xurdir moitas propostas diante do reto que se marca a Administración autonómica para duplicar o parque público residencial en Galicia nesta lexislatura, ata chegar ás 8.000 vivendas. A conselleira apuntou que xa están en marcha máis de 2.200 en distintas fases de execución, 900 xa en construción, das que 64 están na cidade de Ourense, en Cambedo da Raia. Engadiu así mesmo que na provincia, estase tramitando co Concello de San Cibrao das Viñas a cesión de solo para construír vivenda.

Entre as medidas da Xunta para impulsar a construción de nova vivenda, a titular de Vivenda destacou tamén que a Administración autonómica ten modificado a normativa para facer máis áxil habilitar solo que permita seguir construínd. Neste sentido,  xa se está a redactar os Proxectos de Interese Autonómico en sete cidades para ao redor de 15.110 vivendas, principalmente protexidas, en sete concellos: Santiago, A Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Vigo e, no caso de Ourense, na zona de Escorial Vinteún, para 1.640 vivendas.

M. Allegue trasladou aos construtores as achegas e programas postos en marcha polo Executivo galego, consciente das dificultades ás que se enfronta o sector, como a actualización do prezo dos módulos da vivenda protexida ou as axudas a promotores, que como novidade esta convocatoria inclúen a construción de vivendas en réxime de venda, a través dunha liña con fondos propios da Xunta.

Entidades locais

Por outra banda, a conselleira destacou o papel das entidades locais no reto de garantir o acceso á vivenda, motivo polo que a Xunta ten en marcha medidas de acompañamento e liñas de financiamento como o novo fondo de cooperación dirixido a concellos dotado con 10 M €, para comprar ou urbanizar solo onde construír vivenda de protección autonómica e tamén promover VPA, polo concello ou en colaboración público privada.

A este programa súmase outro de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida, para dar saída a parcelas da súa propiedade, dándolles acompañamento técnico. Deste xeito, a Xunta sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia as parcelas urbanizadas das que dispoñan, para a construción de fogares protexidos tanto en réxime de alugueiro como de venda. Esta semana asinouse o primeiro acordo coas Pontes, para sacar a concurso dúas parcelas e xa outros concellos amosaron o seu interese.

 

M. Allegue tamén salientou que o Goberno galego está a traballar co Clúster da Construción para incrementar a industrialización do sector, co obxectivo de enfrontar a falta da man de obra, un dos principais problemas do sector, e mellorar os tempos de traballo e a trazabilidade.

Área: Axudas ; Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal