Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co presidente da FEGAMP co galo da publicación no DOG dos fondos de cooperación cos concellos para o impulso da vivenda protexida

A Xunta pon en marcha un novo Fondo de cooperación cos concellos para a construción de vivenda protexida

Escoitar

A Xunta publica dúas liñas de financiamento sen xuros para concellos, que suman un total de 13,7M€

M. Allegue acorda con presidente da FEGAMP impulsar unha xornada de traballo aberta de cara a dar a coñecer as medidas da Xunta destinadas a dar capacidade aos concellos para promover vivenda protexida

Allegue recorda que xa está aberto o prazo para que as administracións locais teñan a capacidade de sacar a concurso as parcelas da súa titularidade, para construír vivendas de protección autonómica, coa axuda do IGVS, a través da plataforma de solos

Fri May 23 13:42:37 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co presidente da FEGAMP, Alberto Varela Paz, co gallo da publicación no Diario Oficial de Galicia de dous fondos de cooperación con concellos para o impulso da vivenda pública. Tralo encontro, acordaron impulsar unha reunión de traballo conxunta para dar conta de todas as medidas da Xunta para dar apoio ás entidades locais na materia, e poder así fomentar unha escoita activa entre administracións.

O primeiro fondo, é unha nova iniciativa do Goberno galego e está dotada con 10M€. Ten como obxectivo o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción a todos os concellos de Galicia, independentemente dos seus habitantes. Poderá financiarse, sen xuros, total ou parcialmente, a promoción de vivenda protexida de nova construción, actuacións de urbanización dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear parcelas aptas para a edificación e a adquisición de solo para a promoción de inmobles de nova construción para a súa cualificación como vivendas protexidas.

O prazo para solicitalo comezará o 30 de maio e rematará o 15 de outubro e se xestionará a través dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o concello destinatario do financiamento.

Ademais, o DOG tamén publica unha nova convocatoria do Fondo de cooperación para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con 3,7M€.

A través dos préstamos sen xuros deste fondo, poderanse financiar actuacións  rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de obras de edificación ou de urbanización, obras de conservación e recuperación do patrimonio construído, a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación e como novidade, nesta convocatoria, as actuacións de urbanización de novos viais previstos no planeamento municipal para mellorar a conexión de ámbitos urbanos ou de núcleos rurais e as dirixidas ao remate das edificacións non acabadas.

O prazo para solicitar este fondo tamén comezará o 30 de maio e rematará o 15 de outubro e se xestionará a través dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o concello destinatario do financiamento.

Programa de solos de titularidade municipal

Por outra banda, Allegue lembrou que tamén está aberto o prazo para que os concellos se sumen ao Programa de solos de titularidade municipal para entidades locais. Esta nova iniciativa da Xunta ten como obxectivo mellorar a capacidade das administracións locais para fomentar a construción de vivendas de protección autonómica (VPA), tanto en réxime de alugueiro como de venda, a través de concursos públicos en réxime de libre concorrencia, que contarán co soporte técnico e administrativo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Así, o IGVS encargarase da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que os concellos unicamente terán que remitir a información sobre as parcelas a adxudicar e ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal