Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta subvencionou con 1,5 M€ obras de mellora da eficiencia enerxética en oito edificios de Ferrolterra durante o pasado ano

Escoitar

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Caranza un dos inmobles beneficiarios cunha achega de 1,2 M€ e que aglutina 60 vivendas

A convocatoria de 2024 beneficiou a un total de 83 vivendas nos municipios da Capela, As Pontes, Cabanas, Ferrol, Narón, Pontedeume e Valdoviño

Fri May 23 12:50:03 CEST 2025
  • Compartir

Ferrol, 23 de maio de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, mantivo esta mañá un encontro cos veciños da comunidade de propietarios San Bernardo de Caranza, inmoble no que se están a executar obras de mellora da eficiencia enerxética ao abeiro das axudas a nivel edificio postas en marcha pola Xunta cos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Aneiros puido comprobar os traballos subvencionados con 1,2 M€ e que consisten na substitución da cuberta e a rehabilitación enerxética da envolvente deste inmoble situado na avenida do Mar mediante o sistema SATE. O proxecto, valorado en 2 M€, inclúe ademais a instalación de enerxías renovables, aerotermia para a calefacción e placas solares no tellado para a produción de electricidade. O proxecto beneficia a 60 vivendas e sete locais.

Nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a través desta liña de axudas destinadas a inmobles de tipoloxía residencial colectiva, concedéronse en 2024 un total de oito axudas, das que se beneficiaron 83 vivendas nos municipios da Capela, As Pontes, Cabanas, Ferrol, Narón, Pontedeume e Valdoviño por un importe de 1,5 M€.

A delegada territorial mostrou a súa satisfacción ao comprobar a repercusión destes apoios autonómicos cos que o Goberno galego pretende contribuír a que os cidadáns reduzan o consumo de enerxía nos seus fogares e melloren o confort interior das súas vivendas.

Destacou que as actuacións subvencionables como a que se está a executar no edificio de Caranza deben lograr unha redución, de polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, ademais dunha diminución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de entre o 25% e o 35%, segundo a zona onde estea emprazado a inmoble en cuestión.

Martina Aneiros aproveitou ademais a ocasión para lembrar que está aberta a convocatoria de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas de forma individual, tanto se son unifamiliares como se forman parte de inmobles residenciais colectivos. Neste caso o importe a percibir será do 40% do custo da actuación, a partir dun investimento de 1.000 euros, cun límite máximo de 3.000 euros por axuda. Os interesados dispoñen ata o 8 de xullo para solicitalas, senón se esgota antes o crédito de preto de 2,2 M€ habilitado na convocatoria plurianual.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal