A conselleira María Martínez Allegue mantén un encontro co Comité Executivo da Cámara de Comercio da Coruña
- Compartir
A Coruña, 21 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro co Comité Executivo da Cámara de Comercio da Coruña.
M. Allegue agradeceu a invitación da Cámara de Comercio da Coruña e subliñou que “este tipo de encontros fortalecen a colaboración público-privada, vital para o desenvolvemento das cidades”.
Allegue quixo salientar “o compromiso firme e real” da Xunta coa cidade da Coruña, materializado nas obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario e que “se atopa nestes momentos con todas as actuacións da primeira fase en marcha: novos accesos, demolición Hotel de Doentes, execución da Torre Polivalente e a urbanización de Pedralonga”. Unhas obras que, xunto á futura segunda fase, estímanse en máis de 500 millóns de euros e que blindarán a atención sanitaria na área coruñesa para o vindeiros anos.
Por outro lado, Allegue destacou que a construción, xa en marcha, da plataforma flotante do Parrote que estará remata no verán e que supón un investimento de 2,9 millóns de euros. “Son actuacións que van máis aló dunha infraestrutura porque implican crear espazos de ocio, convivencia e deporte para a cidadanía”.
Por último, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor “o compromiso do Goberno de Alfonso Rueda co acceso á vivenda digna e de calidade a un prezo accesible”, que na Coruña se evidencia na promoción e construción de vivenda pública en Xuxán , “e nos solos que o Concello, que tamén ten competencia en materia de vivenda, nos ceda para seguir ampliando o parque residencial”.