Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas interveu hoxe no Parlamento de Galicia

A conselleira María M. Allegue exixe que se garanta o carácter social das vivendas protexidas de Xuxán, na Coruña

Escoitar

Allegue sinalou que a Xunta remitiu 4 cartas á ministra de Vivenda e Axenda Urbana para pedir explicacións sobre as modificacións no préstamo que o Ministerio conveniou co ICO e que obrigaría aos socios da cooperativa Galivivienda a aportar unha cota que desvirtuaría o carácter social das vivendas protexidas

Recordou que o Ministerio conta con 4.000 millóns de euros de fondos europeos e outros 2.000 millóns máis de fondos estatais para a promoción de vivenda protexida en réxime de alugueiro e “Galicia non recibiu nin un só euro”

Reiterou os prezos de alugueiro da vivenda protexida están taxados, concretamente para esta zona, 4,85€/m2

Declaracións da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

Declaracións da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

Wed May 21 14:42:12 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, exixiu hoxe no Parlamento que, como fai a Xunta, o Ministerio e a ICO garantan o carácter social das vivendas protexidas de Xuxán, na Coruña, e que as modificacións nos préstamos ICO non desvirtúen ese compromiso.

Allegue sinalou que a Xunta remitiu 4 cartas ao ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, unha asinada polo director do IGVS, e 3 máis asinadas pola conselleira, para pedir explicacións sobre as modificacións no préstamo que o Ministerio conveniou co Instituto de Crédito Oficial (ICO) e que obrigaría aos socios da cooperativa Galivivienda a aportar unha cota que desvirtuaría o carácter social das vivendas protexidas. Lamentou que a día de hoxe o Goberno galego segue agardando pola convocatoria dunha reunión por parte do Ministerio e na que estean presentes os cooperativistas.

Lembrou que a cooperativa Galivivenda, a partir dun concurso público da Xunta, resultou adxudicataria para construír vivenda protexida en Xuxán. A cooperativa solicitou financiamento a través dos préstamos ICO, creados especificamente polo Ministerio no pasado xullo para a promoción de vivendas en réxime de alugueiro accesible. Non obstante, o problema vén cando o ICO mudou as condicións, pois pide agora que os cooperativistas acheguen en 10 anos o importe garantía que inicialmente estaba repartida en 36 anualidades.

A conselleira recordou que o Ministerio conta con 4.000 millóns de euros de fondos europeos e outros 2.000 millóns máis de fondos estatais para a promoción de vivenda protexida en réxime de alugueiro e “Galicia non recibiu nin un só euro”.

Pese a esta situación, Allegue reiterou que este problema non ten nada que ver cunha suba das rendas ás familias, pois os prezos da vivenda protexida están taxados por normativa autonómica e que se sitúa concretamente, nesta zona en 4,85€/m2.

Concluíu solicitando a unión de todas as administracións para acadar unha resposta precisa, urxente e esperanzadora para os cooperativistas de Xuxán. Chamou á suma de esforzos por parte das administracións para que esta “trampa” do ICO, que acurtou os prazos dos pagos inicialmente previstos, non afecte á cooperativa Galivivenda e tampouco a outras en España.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal