Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O presidente participou no acto de sinatura xunto co alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, nun acordo que supón a cesión gratuíta de tres parcelas municipais á Xunta

Rueda asina en Pontevedra un convenio que permitirá a construción de 118 novas vivendas públicas máis no concello

Escoitar

As novas promocións veñen complementar un conxunto de actuacións que inclúe xa 132 vivendas entregadas e 182 en marcha, para un total de 432 vivendas públicas neste ámbito urbano

Hoxe mesmo publícase a licitación da dirección de obra e proxecto para a construción de Valdecorvos, que inclúe 54 vivendas por un valor estimado de 10,3 millóns de euros

Reitera que a Xunta marcou como obxectivo de lexislatura duplicar o parque público de vivenda pasando de 4.000 a 8.000 vivendas protexidas, das cales máis de 2.000 xa están en execución ou tramitación

Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

Declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

Mon May 19 20:02:00 CEST 2025
  • Compartir

Pontevedra, 19 de maio de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Pontevedra no acto de sinatura da cesión gratuíta de tres parcelas municipais que permitirán construír 118 novas vivendas de promoción pública. O acto simboliza, segundo subliñou, a importancia da colaboración institucional e a prioridade absoluta que representa a política de vivenda para o Goberno galego.

Rueda agradeceu a disposición do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, así como de todo o equipo municipal, para avanzar conxuntamente na creación de novos fogares protexidos. Un obxectivo que, ao seu xuízo, transcende partidos, lexislaturas e intereses puntuais.

O presidente sinalou que o acceso a unha vivenda digna e asumible constitúe un dos grandes desafíos sociais da actualidade, afectando a mozos, familias traballadoras, maiores e persoas que queren residir no rural ou no centro das idades. Así, defendeu que as políticas de vivenda están no centro da acción do Executivo autonómico, ao nivel doutras políticas esenciais como a sanidade ou a educación.

Neste senso, o titular do Goberno galego reiterou que  Xunta marcou como obxectivo de lexislatura duplicar o parque público de vivenda pasando de 4.000 a 8.000 vivendas protexidas, e detallou os medios postos ao servizo deste reto: máis de 2.200 vivendas en execución ou tramitación, a creación da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal), e un orzamento de 240 millóns de euros para 2025, dos que máis de 100 millóns están destinados á nova construción.

As novas promocións anunciadas en Pontevedra (54 en Valdecorvos, 53 na rúa Ernestina Otero e 11 na rúa As Devesas) veñen complementar un conxunto de actuacións que inclúe xa 132 vivendas entregadas e 182 en marcha, para un total de 432 vivendas públicas neste ámbito urbano. De feito, hoxe mesmo publícase a licitación da dirección de obra e proxecto para a construción de Valdecorvos, que inclúe 54 vivendas por un valor estimado de 10,3 millóns de euros.

Rueda insistiu en que o modelo galego de política de vivenda baséase na mobilización de solo público, na rehabilitación de vivendas existentes, e na posta en marcha de programas como o que permitirá destinar ata 16.000 euros por vivenda baleira para a súa adecuación e saída ao mercado de alugueiro.

O presidente destacou que a vivenda non é unha política asistencial, senón un motor de futuro, de desenvolvemento económico e de fixación de poboación, e defendeu a necesidade de contar cun novo Pacto Estatal de Vivenda que recoñeza o papel das Comunidades e respecte a súa capacidade para aplicar medidas adaptadas á realidade de cada territorio.

Na recta final da súa intervención, Rueda afirmou que a vivenda é unha prioridade firme, sostida e estratéxica para a Xunta, e que seguirá traballando da man de todos os concellos que compartan esta visión.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal