Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou dous inmobles en Cualedro rehabilitados con achegas da Xunta

M. Allegue entrega as chaves de 5 vivendas renovadas en Cualedro co apoio da Xunta

Escoitar

Allegue pon en valor o traballo do Concello de Cualedro e a súa cooperación co Goberno galego para ampliar o parque público residencial

A conselleira puxo en valor o programa de axudas á rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal, tras visitar dous inmobles renovados

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas anima aos concellos de menos de 30.000 habitantes a que soliciten esta liña de achegas ás que a Xunta destina 1,8M€

Thu May 15 13:54:23 CEST 2025
  • Compartir

Cualedro (Ourense), 15 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou o concello ourensán de Cualedro onde fixo entrega das chaves de 5 vivendas renovadas ao abeiro das axudas á rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal da Xunta, actuacións que contaron tamén coa participación da Deputación de Ourense. A achega total do Goberno galego nos inmobles que albergan estes fogares ascende a 300.000€.  As familias adxudicatarias disporán dunha vivenda en réxime de alugueiro accesible.

A titular de Vivenda cualificou de “moi emotivo o acto”, honrando a memoria dos antigos propietarios que doaron ao Concello un dos inmobles renovados que visitou e que alberga 2 das vivendas entregadas. Neste sentido, a conselleira descubriu unha placa conmemorativa no edificio, para lembrar a xenerosidade desta familia.

M. Allegue destacou que Cualedro “é un gran exemplo de cooperación entre administración local e Xunta de Galicia” e salientou que este tipo de actuacións  “revitalizan o noso rural, recuperan espazos e, sobre todo, ofrecen oportunidades reais de vida fixando poboación”.

A conselleira recordou que as axudas á rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social está aberta e os concellos poden solicitala ata o 3 de xuño. O orzamento para este programa ascende a 1.850.000€ e esténdense agora aos concellos que conten con menos de 30.000 habitantes, cando antes se limitaba aos de menos de 20.000.

Estas axudas autonómicas poden chegar ao 95% do orzamento das obras, ata os 50.000€ por vivenda rehabilitada, ata 55.000 no caso de que se atopen nun conxunto histórico ou nun ámbito da Ribeira Sacra ou dos Camiños de Santiago, como é o caso de Cualedro, e a 57.000 se a vivenda está nunha área Rexurbe.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal