Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta concedeu en 2024 preto de 300.000 euros en axudas en Ferrolterra para obras de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Escoitar

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, puido comprobar esta mañá os traballos realizados nunha vivenda de Covas para a substitución de ventás e portas

Lembrou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten aberto ata o 8 de xullo o prazo de solicitude da convocatoria de 2025

Thu May 15 13:02:30 CEST 2025
  • Compartir

Ferrol, 15 de maio de 2025

A Xunta concedeu o pasado ano 292.618 euros en axudas a  103 particulares do ámbito da Delegación Territorial de Ferrol para actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas. A delegada territorial, Martina Aneiros, acompañada da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, puido comprobar esta mañá os traballos realizados nunha vivenda de Covas, en Ferrol, para a substitución de ventás e portas.

Segundo explicou Aneiros, esta liña de axudas está destinada á mellora enerxética de vivendas de forma individual, tanto se son unifamiliares como se forman parte de inmobles residenciais colectivos. “Trátase de axudas apropiadas para a realización de obras de menor entidade como o cambio da carpintería exterior e para as que se estable como único requisito obter unha redución da demanda enerxética de polo menos un 7% no caso de calefacción ou refrixeración ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, a lo menos, un 30%”, explicou.

Durante a visita a delegada territorial lembrou que está aberta a convocatoria de 2025 e animou ás persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas ás que van dirixidas estas subvencións a solicitalas antes do 8 de xullo.

A convocatoria, de carácter plurianual, conta cun orzamento de preto de 2,2 M€ e o importe a percibir será do 40% do custo subvencionable, a partir dun investimento de 1.000 euros e cun límite máximo de 3.000 euros por axuda.

Esta liña de subvencións que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convoca por cuarto ano consecutivo, está financiada con fondos europeos del programa Next Generation UE.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal