Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira M. Allegue esixe ao Ministerio unha solución para os cooperativistas de Xuxán afectados polos créditos ICO

Escoitar

Allegue reclama respostas ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana e cualifica a situación dos 250 cooperativistas de “insólita e inaceptable”

A conselleira insiste en que o Goberno galego “cooperará en todo o que estea nas súas mans” e urxe ao Instituto de Crédito Oficial a modificar as condicións de financiamento para a construción de vivendas destinadas a alugueiro, para que este tipo de actuacións non queden gravemente comprometidas

A titular de Vivenda confirma que hoxe mesmo remitirá unha nova carta ao ministerio pedindo información sobre por que “Galicia non recibiu nin un euro” dos 4.000M€ dos fondos europeos para a construción de vivenda pública en alugueiro xestionados polo ICO e solicita “ter as contas claras”

Tue May 13 18:46:13 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, mantiveron esta tarde en San Caetano unha reunión con socios da cooperativa Galivivenda que están a padecer unha “situación insólita e inaceptable”, posto que estes deben asumir uns custes, non acordados, derivados das modificacións nas condicións de financiamento para acceder aos préstamos ICO do Estado.

Trátase de axudas comprometidas polo Goberno central para a promoción de vivendas en réxime de alugueiro accesible. A Xunta contactou co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para que coordinase una xuntanza co Instituto de Crédito Oficial e a semana pasada a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén remitiu unha carta á ministra solicitando unha reunión urxente para abordar este asunto.

“Son máis de 250 as familias afectadas ás que o Ministerio debe unha explicación e non temos ningunha resposta”, lamentou a titular de Vivenda. “A Xunta non vai permitir este tipo de desmáns -engadiu-. O compromiso deste Executivo cos afectados é firme e cooperaremos e colaboraremos en todo canto estea nas nosas mans”.  

Allegue urxe ao ICO a modificar as condicións de financiamento para a construción de vivendas para alugueiro, a fin de que este tipo de actuacións non queden gravemente comprometidas e agradeceu “o ton cordial e construtivo” dos afectados en todos os contactos coa Xunta.

Por último, confirmou que a Xunta enviará hoxe mesmo outra carta á ministra reiterando a convocatoria dunha reunión, ao tempo que solicitará información detallada sobre as operacións levadas adiante ata o momento a través dos préstamos ICO, "porque Galicia non obtivo nin un só euro deste programa que conta con fondos europeos, 4.000M€ Next Generation, e outros 2.000 millóns máis de fondos estatais, para a construción de vivenda pública, e dos que queremos ter as contas claras”.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal