Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, anunciou a publicación no DOG do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida

A Xunta pon en marcha un programa para facilitar ás entidades locais a posta a disposición de solo para a construción de vivenda protexida

Escoitar

O Goberno galego abre o prazo para que as administracións locais teñan a capacidade de sacar a concurso as parcelas da súa titularidade, para construír vivendas de protección autonómica, coa axuda do IGVS, a través desta nova ferramenta

Esta iniciativa da Xunta trata de axilizar a construción de vivenda protexida en solos de titularidade municipal, tanto en réxime de venda como en alugueiro

Allegue recordou que o prazo para solicitar as axudas a promotores e cooperativas xa está aberto

Fri May 09 13:31:03 CEST 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, deu conta da publicación no Diario Oficial de Galicia da nova ferramenta que a Xunta pon a disposición dos concellos e deputacións para facilitar que poidan ofertar, mediante concurso público, as parcelas da súa titularidade para a construción de vivendas protexidas na comunidade.

Esta nova iniciativa da Xunta que se ofrece das entidades locais que desexen adherirse, xestionarase a través da firma dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que dará soporte aos concellos en todo o proceso. O obxectivo é mellorar a capacidade das administracións locais para fomentar a construción de vivendas de protección autonómica (VPA), tanto en réxime de alugueiro como de venda.

A adxudicación das parcelas que se incorporen ao programa realizarase mediante un concurso público en réxime de libre concorrencia, que será tramitado polo IGVS en colaboración coa entidade local titular da parcela.

O IGVS tamén se encargará da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que os concellos unicamente terán que remitir ao IGVS a información sobre as parcelas a adxudicar e ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.

O prazo para solicitar a sinatura do convenio de colaboración co IGVS permanecerá aberto indefinidamente.

Aberto o prazo para as axudas a promotores

Por outra banda, Allegue lembrou que onte se abriu o prazo para a terceira convocatoria da liña de axudas para promotores públicos e privados e cooperativas para construír inmobles que contribúan a reforzar o parque público residencial a prezo accesible, tanto para alugueiro, como para a compravenda. Esta última modalidade é unha novidade, e se financia cun orzamento de 4,9M€ de fondos propios da Xunta.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro e o investimento total ascende a 9,5M€.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal