A Xunta adxudica por más de 886.000 euros a redacción do proxecto para a construción de 178 novas vivendas en San Paio de Navia
As vivendas serán construídas pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia
Emprazaranse na parcela M-V-7, no polígono 2 de San Paio de Navia
- Compartir
Santiago de Compostela 30 de abril de 2025
A Xunta de Galicia investirá 886.006,77 euros na redacción dos proxectos básico e de execución e na dirección da obra de construción de 178 vivendas de promoción pública na parcela M-V-7 de San Paio de Navia, en Vigo.
O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), propietaria dos locais, autorizou hoxe a adxudicación do contrato a Elizabeth Abalo Díaz. O prazo para a redacción dos proxectos básico e de execución será de cinco meses.
As vivendas construiranse na parcela M-V-7, do polígono 2 de San Paio de Navia, que ten unha superficie de 3.000 metros cadrados.
A Xunta continúa avanzado no obxectivo de duplicar nesta lexislatura o parque de vivenda pública, ata acadar as 8.000. No momento actual xa son más de 2.000 as vivendas de promoción pública que se atopan en diversas fases de execución.