A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación dunha vivenda en alugueiro accesible para menores de 36 anos no barrio histórico de Vilalba
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle o acordo do inicio do proceso de selección dos adxudicatarios
O inmoble fori rehabilitado ao abeiro do Programa Rexurbe da Xunta, cunha inversión superior aos 136.000 euros
- Compartir
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), vén de iniciar o procedemento para a adxudicación dunha vivenda de promoción pública (VPP) en alugueiro accesible no municipio de Vilalba.
Así consta no anuncio do Comisión Provincial de Vivenda de Lugo que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) no que se recolle o acordo do inicio do proceso de selección dos adxudicatarios. O inmoble, rehabilitado ao abeiro do Programa Rexurbe cunha inversión de 136.104 euros, está situado na rúa Concepción Arenal, 14, baixo e andar 1º, de 63,80 m² e dous dormitorios.
A vivenda será adxudicada mediante sorteo público que se celebrará o próximo 30 de abril entre os demandantes que estaban inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, para o concello de Vilalba como concello preferente, na data de inicio do procedemento. A adxudicación farase en réxime de alugueiro e os contratos terán unha duración inicial de sete anos.
Unha vez realizado o sorteo, a lista provisional de adxudicatarios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello e do IGVS así como na páxina web deste organismo. Así mesmo, a continuación abrirase un prazo de 10 días para a presentación de posibles reclamacións.