A Xunta adxudica a redacción do proxecto de 68 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia
A Xunta ten xa en 910 vivendas de promoción pública en distintas fases de execución en San Paio de Navia
Estas 68 vivendas serán construídas pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal)
- Compartir
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2025
A Xunta de Galicia adxudicou o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 68 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IIIB-7 e M-IIIB-8 de San Paio de Navia.
O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) adxudicou o contrato a Díaz y Díaz Arquitectos SLP, por importe de 199.730 euros. O prazo para a presentación do proxecto é de dous meses dende a sinatura do contrato e para o de execución o prazo serán tres meses máis.
910 vivendas en execución
Actualmente a Xunta de Galicia ten un total de 910 vivendas de promoción pública en execución en San Paio de Navia. Deste total, 316 vivendas teñen xa adxudicado o contrato de obra e 594 teñen licitados ou en redacción os correspondentes proxectos de construción. A redacción dos proxectos das 101 restantes, que foron autorizadas recentemente polo Consello da Xunta, licitarase proximamente.