A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Ames
Thu Apr 10 17:36:07 CEST 2025
- Compartir
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión co alcalde de Ames, Blas García Piñeiro.
Nesta xuntanza, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello coruñés, de xeito especial en materia de vivenda e infraestruturas, así como de seguridade viaria.
M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre administracións co fin de impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.
Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova