A Xunta avanza na adxudicación da redacción dos proxectos de interese autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas
A mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos contratos para a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PiA) dos primeiros ámbitos seleccionados pola Xunta para desenvolver solo residencial nos concellos da Coruña, Santiago, Arteixo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
- Compartir
Santiago de Compostela 8 de abril de 2025
A Xunta avanza na adxudicación dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) que facilitarán solo en sete concellos galegos para ao redor de 15.110 vivendas, principalmente protexidas, en sete concellos.
Así, a mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación dos contratos de redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA), do proxecto de expropiación e o de parcelamento dos primeiros ámbitos de solo que prevé urbanizar a Xunta de Galicia nos concellos de Santiago, A Coruña, Arteixo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
As propostas de adxudicación recaeron nas seguintes empresas: Na Coruña, Fernández Carballada y asociados SLP; para o ámbito de Santiago de Compostela, Monteoliva arquitectura SLP; Arteixo, Monteoliva arquitectura SLP; Lugo, José María Alonso Carrasco; Ourense, UTE Galicia 360 Fernández Carballada y Asociados SLP; Pontevedra, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA) e Vigo, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA).
Os adxudicatarios dos contratos deberán redactar os documentos urbanísticos para o desenvolvemento dos seguintes ámbitos de solo residencial:
Concello | Ámbito | Superficie aproximada | Número estimado de vivendas |
SANTIAGO | SUD1 “Mallou” | 34,6 ha. | 3.460 |
A CORUÑA | SUD4 “Monte Mero” | 43,1 ha. | 4.310 |
ARTEIXO | A Baiuca - Penouqueira | 7,8 ha. | 160 |
LUGO | S-5R Barrio Sº Corazón | 12 ha. | 1.200 |
OURENSE | SU1 Escorial-Vinteún | 16,4 ha. | 1.640 |
PONTEVEDRA | SB2-Fase II e SB5 (Ambos zona de San Mauro) | 20,4 ha. | 2.040 |
VIGO | Sub 405 “Ofimático” | 20,3 ha. | 2.300 |
TOTAL |
| 154,6 ha. 1.546.000 m2 | 15.110 |
O desenvolvemento destes ámbitos enmárcase na primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta.
Ademais destes sete ámbitos, a Administración autonómica ten en licitación neste momento a redacción dos PIA para a obtención doutras 20,1 hectáreas de solo nos concellos de Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas. Neste caso, as empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 15 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de xuño.