Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, informou da publicación da licitación no perfil do contratante da Xunta dun inmoble de 80 aloxamentos compartidos en alugueiro para a mocidade

A Xunta anuncia a licitación do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo, o segundo que pon en marcha en Galicia

Escoitar

Allegue explicou que este inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades

O prazo para presentar ofertas será ata o 14 de maio

Lembrou que o inmoble disporá dunha sala para estudio ou traballo, unha zona de usos múltiples, lavandería e garaxes

A conselleira recordou que a Xunta ten abertas varias liñas de achegas á compra de vivenda para menores de 36 anos, ademais de reservar para este colectivo o 25% para venda e o 40% para alugueiro, nas novas promocións públicas

Thu Apr 03 15:55:57 CEST 2025
  • Compartir

Vigo, 3 de abril de 2025

A Xunta publica hoxe a licitación, por un orzamento que rolda os 445.000 euros, da redacción do proxecto e da dirección de obra para a construción en Vigo dun edificio de aloxamentos compartidos e temporais en alugueiro accesible, destinado á mozos e mozas menores de 36 anos. O prazo para presentar ofertas será ata o 2 de xuño. Así o anunciou hoxe en Vigo a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Ao acto tamén asistiron o Secretario Xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, situarase na parcela M-V-6 de San Paio de Navia, e contará tamén cunha sala para estudio ou teletraballo e unha zona de usos múltiples para reunións ou actividades diversas como ximnasio ou a celebración de eventos. Tamén estará dotado dun espazo de lavandería e garaxes.

Os mozos e mozas menores de 36 anos disporán dun prazo de permanencia de ata tres anos. Así o Goberno galego, con esta solución pioneira, busca dar facilidades ás necesidades de emancipación da xente moza que accede ao seu primeiro traballo ou están a percibir becas de formación ou de investigación, xa que, en palabras de Allegue, “son o noso futuro e temos que garantir que poidan comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades”.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lembrou que a Xunta ten axudas destinadas á mocidade galega abertas neste momento, como é o caso da liña destinada á adquisición de vivenda, con ata 20.000€ de achega para menores de 36 anos ou os avais á compra. Allegue tamén destacou que a Xunta está a reservar para este colectivo o 25% para venda e o 40% para alugueiro nas novas promocións públicas.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reiterou unha vez máis a importancia “das políticas transversais da Xunta, que son a mellor maneira de axudar aos máis novos a progresar en distintas vertentes, neste caso facilitándolles o acceso á vivenda”. Neste senso, mostrou a súa ledicia por sumar novos pisos aos xa anunciados en Santiago “espallando esta opción por diversos puntos de Galicia”.

Tamén lembrou outra das medidas postas en marcha a través da Dirección xeral de Xuventude, o Bono Emancípate, que con 3.300 peticións recibidas e co prazo de solicitudes aberto aínda ata o día 30 deste mes de abril “é outra forma de incentivar á mocidade a independizarse, con axudas para os primeiros gastos do fogar como o mobiliario ou xestións de contratos, tanto en réxime de alugueiro como en propiedade”.

Este inmoble de aloxamentos compartidos é o segundo que a Xunta impulsa en Galicia, como solución habitacional transitoria para mozos e mozas. O primeiro, pendente de adxudicación do proxecto e dirección e obra, está situado en Santiago, en Xoán XXII, e disporá de 60 prazas. O Goberno galego prevé que Lugo sexa a cidade na que se constrúa o terceiro deste inmobles.

Compromiso da Xunta en Vigo no eido da vivenda

Allegue destaca o forte compromiso da Xunta coa vivenda en Vigo, poñendo como exemplo Navia, barrio no que o Goberno galego leva investido 132M€, dos que 15,6M€ son fondos europeos, o que representa o 11%. A conselleira salientou, neste sentido, que Galicia é unha comunidade cumpridora e que ten executados o 100% dos fondos MRR que se lle asignaran para vivenda ata o de agora.

Por outra banda, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor os Proxectos de Interese Autonómico para habilitar solo no ámbito Ofimático para 2300 vivendas, por un importe de 355.511,31€ e que está a piques de adxudicarse, e o da zona de Ramón Nieto para 1300, que sairá mañá a licitación por un importe de 333.624€. 

Área: Axudas ; Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal