Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O delegado territorial supervisou esta mañá a instalación dun ascensor nunha comunidade de propietarios da rúa Cabeza de Manzaneda da cidade de Ourense

Manuel Pardo anima á veciñanza da provincia de Ourense a solicitar a orde de axudas de accesibilidade da Xunta

Escoitar

O delegado territorial salientou que estas axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, teñen como obxectivo apoiar á cidadanía no financiamento de obras e instalacións que contribúan a eliminar barreiras arquitectónicas, faciliten o acceso ou favorezan a autonomía e a mobilidade

Manuel Pardo informou, que está aberta ata o 28 de abril unha nova convocatoria destas axudas, dotada cun orzamento de 5,3 M€, e que as solicitudes realizaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante a Web do Instituto Galego da Vivenda e Solo

O representante do Goberno galego subliñou que as axudas poden chegar ata o 80 % do gasto no caso de persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos

Thu Apr 03 12:38:02 CEST 2025
  • Compartir

Ourense, 03 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á rúa Cabeza de Manzaneda da cidade de Ourense para supervisar a instalación dun ascensor nunha comunidade de propietarios, beneficiaria da orde de axudas de accesibilidade da Xunta, cunha achega de máis de 79.000 euros, que lles permitiu instalar un ascensor.

O delegado territorial salientou a importancia destas axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, cuxo obxectivo é apoiar á cidadanía no financiamento de obras e instalacións que contribúan a eliminar barreiras arquitectónicas, faciliten o acceso ou favorezan a autonomía e a mobilidade tanto en construcións unifamiliares como en edificios de tipo residencial colectivo e nas vivendas que os integran. Ademais, as actuacións poderán realizarse non só dentro dos inmobles senón tamén nos espazos comúns, como xardíns ou zonas deportivas, e naqueles que serven para comunicalos co exterior.

Na visita a este inmoble, Manuel Pardo, aproveitou para informar que está aberta ata o 28 de abril unha nova convocatoria destas axudas, dotada cun orzamento de 5,3 M€, e que as solicitudes realizaranse preferiblemente por vía  electrónica, mediante a Web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O delegado territorial explicou que os importes das achegas serán de ata 12.500 € en vivendas unifamiliares; ata 9.000 € por cada piso susceptible de recibir a subvención, en edificios de tipoloxía residencial colectiva; e ata 6.000 €  por piso “illado” en un residencial colectivo. As vivendas terán que estar finalizadas antes do 2006, non se esixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

Subliñou o representante do Goberno galego que as axudas poden chegar ata o 80 % do gasto no caso de persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos, por iso son moi demandadas.

Actuacións subvencionables

O delegado territorial aclarou que con estes incentivos, os beneficiarios poderán acometer, tanto na vivenda como en zonas comúns, instalacións de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas, videporteiros, iluminación no portal ou colocación de guindastres.

Tamén se contemplan entre as actuacións subvencionables medidas de accesibilidade que faciliten a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida incluíndo dispositivos adaptados ás necesidades das persoas con discapacidade sensorial ou intelectual.  Inclúense mecanismos de identificación como teléfonos intelixentes, cámaras ou pantallas e outros dispositivos tecnolóxicos como sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal.

A orde cubre igualmente a instalación de elementos de información, de comunicación e de aviso como sinales luminosas, visuais ou sonoras  que melloren a accesibilidade e seguridade e a instalación de domótica para favorecer a autonomía das persoas maiores o con discapacidade. Tamén son subvencionables os gastos de honorarios, licenzas e xestión das actuacións.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal