A conselleira María M. Allegue preside unha nova reunión do Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia
- Compartir
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presidiu esta mañá unha nova reunión do Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal)
Neste encontro, que tivo lugar na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo, tamén participou o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.
Entre outros acordos adoptados nesta xuntanza, autorizouse a adxudicación da licitación da redacción do proxecto e dirección de obra para construír 51 novas vivendas no polígono 2 de San Paio de Navia, en Vigo.
O Goberno galgo segue avanzando no reto de duplicar o parque público de vivenda en Galicia, ata chegar ás 8.000 nesta lexislatura. Na actualidade, xa están en marcha máis de 2.000 vivendas en distintas fases de execución.