A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por máis de 411.000€ a redacción dos proxectos e dirección de obra para dous edificios de 20 e 24 vivendas na parcelas MIIIB16 e MIIIB18, no polígono 2 de Navia
A Xunta ten en marcha 755 vivendas de promoción pública en Navia
- Compartir
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025
A Xunta vén de recibir 5 ofertas de empresas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia, en Vigo. Estes traballos saíron a licitación por un orzamento de máis de 411.000 euros.
En concreto, trátase dos proxectos para a construción de 2 edificios no polígono 2 de San Paio de Navia.
Proxéctanse 20 vivendas no inmoble que se habilitará na parcela MIIIB16 e outras 24 na MIIIB18, con superficies de 675 e 785 m2 respectivamente.
A Xunta xa ten en marcha 755 vivendas de promoción pública na ampliación de San Paio de Navia, das que 359 están no polígono 1 e as restantes 396 no polígono 2.