Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou varias vivendas rehabilitadas con estas achegas en A Veiga

Allegue cualifica de exemplar o traballo da Veiga en materia de vivenda, modelo de cooperación entre a Xunta e a administración local

Escoitar

Allegue destaca o papel das pequenas corporacións do rural galego, que “grazas a esforzo e tenacidade”, marcan a diferencia para a veciñanza

A Xunta fixo un investimento de preto de 700.000 € ao longo dos últimos anos en A Veiga a través da liña de achegas destinadas á rehabilitación de inmobles de titularidade municipal, co que se acadaron 17 vivendas para alugueiro accesible

A conselleira destacou o esforzo do Concello da Veiga por recuperar antigas vivendas de mestres a través destas axudas, tras visitar varios inmobles en Castromarigo e Castromao

Fri Mar 21 13:59:47 CET 2025
  • Compartir

A Veiga (Ourense), 21 de marzo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou varios inmobles da Veiga nas zonas de Castromarigo e Castromao, onde puido ver o resultado da rehabilitación de varias vivendas renovadas grazas ás achegas da Xunta destinadas a inmobles de titularidade municipal. Allegue cualificou de exemplar o traballo do concello no eido da vivenda, “un modelo a seguir de cooperación entre administración local e Goberno galego”.

Allegue puxo en valor os resultados da xestión do executivo, acadando 17 vivendas públicas para a veciñanza destinadas a alugueiro accesible, impulsadas coa liña de achegas para inmobles de titularidade municipal, cun investimento total da Xunta de preto de 700.000 € dende o 2019.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou que “ás veces as grandes cidades lévanse os grandes titulares, pero o esforzo, a tenacidade e a constancia dos alcaldes e as corporacións máis pequenas, supoñen a diferencia para a veciñanza. Con estas achegas, non só creamos novos fogares, novas vivendas públicas, senón que tamén axudamos a asentar poboación nos nosos fermosos concellos do rural”.

Allegue recordou que a liña de axudas para a rehabilitación de inmobles de titularidade municipal está aberta e os concellos poden solicitala ata o 3 de xuño. O orzamento para este programa ascende a 1.850.000 € ata 2026 e esténdense agora aos concellos que conten con menos de 30.000 habitantes, cando antes se limitaba aos de menos de 20.000. 

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal