Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, supervisou o arranque dos traballos

A Xunta inicia as obras de 64 vivendas públicas en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6M€

Escoitar

Allegue destacou que a previsión é que as obras, cun prazo de 16 meses, estean rematadas no terceiro trimestre do vindeiro 2026

As vivendas desta nova promoción serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible, coa reserva de ao menos un 40% para menores de 36 anos

A conselleira subliñou que a Xunta tamén está a traballar para facilitar solo para máis de 600 vivendas no ámbito Escorial-Vinteún

Remarcou a aposta pola rehabilitación, no marco do programa Rexurbe, pois a Xunta dispón de 8 inmobles na cidade, coa previsión de chegar aos 18 fogares e 3 locais

Salientou a necesaria colaboración entre o sector público e privado para dinamizar o mercado da vivenda a través da construción

Indicou que a Xunta vén de recibir o documento do PXOM, para a emisión do informe previo á sua posterior aprobación definitiva por parte do Concello

Tue Mar 18 13:44:03 CET 2025
  • Compartir

Ourense, 18 de marzo de 2025

A Xunta vén de iniciar as obras de construción de 64 novas vivendas de promoción pública en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6M€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou hoxe o comezo dos traballos e subliñou que se prevé que estean finalizados no terceiro trimestre do vindeiro 2026.

A nova promoción, que estará formada por catro bloques, sitúase en tres parcelas que a Xunta mercara á Sareb por máis dun millón de euros. E as 64 vivendas (de 2, 3 e 4 dormitorios), unha vez construídas, serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible, coa reserva de ao menos un 40% para menores de 36 anos. Do investimento das obras, que supera os 13,6M€, o 76% son fondos aportados pola Xunta e o restante 24% corresponde a fondos europeos.

A conselleira destacou a necesaria colaboración entre o sector público e privado para  dinamizar o mercado da vivenda a través da construción.

Lembrou que a Xunta tamén está a traballar para facilitar solo para máis de 1.600 vivendas no ámbito Escorial-Vinteún. Xa se recibiron 3 ofertas para a licitación do Proxecto de Interese Autonómico nesta área.

Ademais remarcou a aposta pola rehabilitación, no marco do programa Rexurbe, pois a Xunta dispón de 8 inmobles na cidade, coa previsión de chegar aos 18 fogares e 3 locais.

Recordou que a semana pasada o Consello da Xunta aprobou a Área Rexurbe en Ourense, unha ferramenta que permitirá seguir fomentando a rehabilitación de edificios e de vivendas no casco histórico. Detallou que agora o Concello debe redactar un plan de dinamización e habilitar un centro de xestión da área Rexurbe, para comenzar a traballar.  Isto suporá tamén o incremento de axudas para a compra de vivenda na Área Rexurbe.

PXOM Ourense

Por outra parte, a conselleira tamén indicou que a Xunta vén de recibir o documento do PXOM, para a emisión do informe previo á sua posterior aprobación definitiva por parte do Concello.

Dende a Xunta de Galicia analizarase a documentación e realizaranse os requerimentos,  que no seu caso sexan precisos.

Allegue destacou "que os técnicos da consellería xa están a analizar a documentación para poder remitir ao concello ourensán o antes posible".

Área: Axudas ; Edificación ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal