Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas interveu hoxe no Parlamento

A conselleira María M. Allegue destaca o compromiso da Xunta para brindar oportunidades de vivenda á mocidade

Escoitar

Allegue salientou que só un 9,6% do orzamento para 2025 do Instituto Galego de Vivenda procede de fondos do Estado

Demandou ao Goberno maior compromiso coa vivenda, pois reduciu á metade a dotación da nova convocatoria do Bono Alugueiro Mozo, truncando as expectativas dos potenciais beneficiarios

 Puxo en valor o traballo da Xunta, que en 11 meses de lexislatura ten en marcha máis de 2.000 vivendas en Navia en Vigo; Valdecorvos en Pontevedra; Garabolos, en Lugo; Ourense; Santiago; Xuxán, na Coruña; O Bertón, en Ferrol

 Remarcou a aposta do Goberno galego pola mocidade, establecendo que o 40% das novas vivendas que se constrúan para alugueiro se destinarán aos mozos de ata 36 anos; e o 25% para a venda tamén se dirixirán aos máis novos

Avanzou a próxima adxudicación do proxecto do primeiro inmoble que acollerá en Santiago 60 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos e xa se traballa para estender a iniciativa a Vigo e Lugo

Wed Mar 12 15:04:26 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 12 de marzo 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destaca o compromiso da Xunta para brindar oportunidades de vivenda á mocidade.

Allegue interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde salientou que a Xunta está a facer unha aposta sen precedentes pola vivenda, construíndo para duplicar o parque público nesta lexislatura; cooperando co sector para incentivar a construción; desenvolvendo solo para facilitar a construción de novas vivendas; rehabilitando inmobles e activando medidas lexislativas para axilizar os procedementos con  seguridade xurídica. 

Remarcou que para avanzar nesta materia tamén se precisa de maior investimento do Estado, xa que só o 9,6% dos fondos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para 2025 proceden do Goberno.

Neste sentido, criticou os escasos fondos cos que o Goberno dotou o Bono Alugueiro Mocidade, tal como a Xunta vén advertindo nos últimos meses. Así, tan só unhas horas despois de abrir o prazo de solicitude da última convocatoria, as peticións recibidas xa supuñan o dobre do montante orzamentado.  A día de hoxe están rexistradas 5.603 peticións e o prazo remata este 28 de marzo. 

Lamentou que non se pode xogar coas expectativas da mocidade e lanzar medidas cunha disposición orzamentaria que non coincide coa realidade. 

Cómpre lembrar que nesta última convocatoria, o Ministerio de Vivenda asignou a Galicia soamente 11,4 M€ para 2025 e 2026, é dicir, pouco máis de 5M€ para cada ano.  

Fronte a esta improvisación por parte do Goberno, a conselleira puxo en valor o traballo da Xunta, que ten en marcha nos últimos 11 meses máis de 2.000 novas vivendas en Navia en Vigo; Valdecorvos en Pontevedra; Garabolos, en Lugo; Ourense; Santiago; Xuxán, na Coruña; O Bertón, en Ferrol.

Fixo fincapé no especial compromiso da Xunta coa mocidade, establecendo que o 40% das novas vivendas que se constrúan para alugueiro se destinarán aos mozos de ata 36 anos; e o 25% para a venda tamén se dirixirán aos máis novos.

Avanzou unha medida pioneira, xa que proximamente o Goberno galego adxudicará o proxecto do primeiro inmoble que acollerá en Santiago 60 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos e xa se  traballa para estender a iniciativa a Vigo e Lugo.

Ademais subliño que a Xunta tamén adquire inmobles e os rehabilita, no marco do programa Rexurbe, nos cascos históricos de Betanzos, Ferrol, A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Viveiro, Vilalba, Ourense, Tui ou Ribadavia.

Por outra parte, recordou que se está a traballar con preto de 15 concellos para tramitar a cesión de solo urbano consolidado no que ampliar a oferta de vivenda da comunidade. Referiuse aos avances nestes procesos con municipios como Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela, Teo, A Estrada, Lalín ou Lugo.

Sinalou que se trata de seguir redobrando esforzos para desenvolver solo no que se poderían chegar a construír 25.000 novas vivendas nos próximos anos. 

 

Área: Axudas ; Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal