Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta recibiu no primeiro día 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade

Escoitar

Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes 

A conselleira de Vivenda, María M. Allegue, lamentou a dotación insuficiente de fondos estatais para este bono, xa que a partida de 11,4M€ asignados a Galicia é para dous anos

Lembrou que que a Xunta ten reclamado ao Goberno central máis fondos para outros programas de axudas e apuntou que do Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para 2025 tan só o 10% se corresponde con fondos estatais

O Goberno galego mantén aberto o prazo de solicitudes para as axudas á adquisición de vivenda, nas tres liñas: para menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, para centros históricos e para mercar vivenda protexida

Fri Feb 28 20:27:38 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

A Xunta recibiu no primeiro día de prazo, na sede electrónica do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), un total de 3.186 solicitudes para o Bono Alugueiro Mocidade.

Estas cifras, actualizadas ás 19 horas de hoxe, rexistráronse no primeiro día do prazo para presentar as citadas solicitudes para esta axuda para alugueiro, dirixida a menores de 36 anos e que acada os 250€ mensuais.

Os técnicos do IGVS avaliarán, a partir de agora, cada solicitude para comprobar o cumprimento dos requisitos e avanzar na tramitación.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,  durante unhas declaracións hoxe nunha visita en Vigo, volveu lamentar que os fondos para este bono non son suficientes, xa que ademais se trata dunha partida para dous anos.

Nesta última convocatoria do bono, o Ministerio de Vivenda asignou a Galicia preto de 11,4M€ para este 2025 e o 2026, unha cifra “que claramente resulta insuficiente”, como criticou a conselleira, que lembrou que a Xunta ten reclamado ao Goberno central máis fondos para outros programas de axudas do Plan Estatal.

Allegue lembrou ademais que do Orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo para este ano 2025, tan só o 10% se corresponde con fondos estatais.

Por outra banda, a conselleira recordou que aínda continúa aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a compra de vivendas, nas tres liñas: a dirixida a mozos menores de 36 anos residentes en concellos de menos de 10.000 habitantes, para compra de vivenda en centros históricos e as destinadas a mercar vivenda protexida, cuxa contía pode alcanzar os 20.000 € que ademais son compatibles co Aval mozo, que cubre o 20% da hipoteca.

Área: Axudas ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal