A conselleira María M. Allegue salienta que a Xunta concedeu o ano pasado 6.400 axudas por preto de 31M€, ao abeiro do Programa de acceso á vivenda
Allegue concretou que a execución real do orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no ano 2024 acadou o 82%
Detallou que no marco do Programa 451B de acceso á vivenda, a execución foi dun 95,96%, en fase de pago
No que se refire aos fondos estatais, sinalou unha execución do 83,60%, coas axudas concedidas e pagadas segundo os beneficiarios acrediten a execución das obras de rehabilitación, o pago do alugueiro ou a adquisición dunha vivenda
O programa inclúe actuacións directas e axudas como o Bono alugueiro social, do Plan de Vivenda Estatal, de adquisición de vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes, en centros históricos ou para vivenda protexida, entre outras medidas
- Compartir
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025
A conselleira María M. Allegue salientou que a Xunta concedeu o ano pasado 6.400 axudas por preto de 31M€, ao abeiro do Programa 415B de acceso á vivenda.
Así o manifestou hoxe a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no Pleno do Parlamento de Galicia.
Allegue concretou que a execución real do orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no ano 2024 acadou o 82%.
Detallou que no marco do Programa 451B de acceso á vivenda, a execución foi dun 95,96%, en fase de pago.
No que se refire aos fondos estatais, sinalou unha execución do 83,60% e apuntou que se atopa nunha fase que supón que as axudas xa foron concedidas e serán pagadas segundo os beneficiarios acrediten a execución das obras previstas, no caso de rehabilitación, o pago do alugueiro ou a adquisición de vivenda.
En relación aos fondos europeos (MRR), indicou que a execución acadou un 21,66%, aínda que puntualizou que “xa temos o 100% destes fondos comprometidos e executarémolos na súa totalidade, tal e como viñemos facendo ata agora”. Respecto a estes fondos, a conselleira criticou que o Goberno central líbraos “cando lle convén, a pesar de saber que non poderán ser executados no ano do libramento, para xustificar os seus orzamentos”.
Lembrou que no citado programa se inclúen todas as iniciativas en marcha en materia de solo residencial, construción de vivenda, incremento do parque público e habilitación de vivendas de alugueiro social.
Precisou que o programa abrangue tanto actuacións directas como axudas como a do Bono alugueiro social, do Plan de Vivenda Estatal, de fomento de aloxamentos temporais, adquisición de vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes, en centros históricos ou para vivenda protexida, entre outras medidas.