M. Allegue preside a sesión do Consello Reitor do Instituto Galego da Vivenda e Solo
- Compartir
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024
O Consello Reitor do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) celebrou hoxe a súa sesión de final de ano, presidido pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.
Por parte do departamento dirixido por M. Allegue, participaron na reunión, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto; o secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo; a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; e a secretaria xeral do IGCV, Ángeles Domínguez.
No Concello Reitor do IGVS está representada, ademais, a Conselleira de Facenda e Administración Pública, polo que na reunión de hoxe participaron tamén o secretario xeral técnico e do Tesouro, David Cabañó; e o director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro.