Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O Consorcio Casco Vello de Vigo adxudica sete novas vivendas públicas e continúa co proceso de rehabilitación do barrio histórico

Escoitar

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este martes o sorteo de asignación das novas vivendas de promoción pública

Tue Nov 12 11:40:13 CET 2024
  • Compartir

Vigo, 12 de novembro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, presidiu este martes o sorteo  ante notario das últimas sete vivendas rehabilitadas no barrio histórico vigués. O proceso foi público e permitiu adxudicar os novos pisos das promocións de Elduayen 31 e Subida ao Castelo 9.

A representante autonómica agradeceu o traballo levado a cabo tanto desde o Consorcio Casco Vello como desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para poñer a disposición da cidadanía novos domicilios de promoción pública. Segundo explicou, finalmente foron 467 os candidatos que presentaron a súa solicitude para acceder ás vivendas promovidas polo CCVV.

O sorteo para a adxudicación da orde de selección das candidaturas admitidas tivo carácter público e levouse a cabo na sede administrativa da Xunta de Galicia en Vigo. O CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo, puxo así a disposición dos vigueses estas sete novas vivendas no barrio histórico con prezos de partida de 125.000 euros.

A representante autonómica destacou que en 2025 o CCVV avanzará coas obras de rehabilitación dos edificios da rúa Elduayen 39-Ferrería 16 (cinco vivendas de protección autonómica e un local comercial), da rúa Hortas 2-4-San Sebastián 20 (dúas vivendas) e do inmoble da Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2 (dúas vivendas).

Ás anteriores 9 vivendas sumaranse outras cinco co remate das obras, que comezarán ao longo do ano que ven, da rehabilitación prevista no inmoble da rúa Alta 8-14.  Ortiz tamén lembrou que ao longo do próximo ano está previsto que se desenvolva o proceso de licitación dos proxectos e obtención de autorizacións administrativas para a rehabilitación doutros dous inmobles que se atopan no histórico barrio do Berbés (números 7 e 27).

Elduayen 31 (5 vivendas e 251 candidatos)

  • Vivenda 2A: 55.44 m2+4.27 m2 rocho, 125.000€
  • Vivenda 3A: 58.02 m2+4 m2 rocho, 132.000€
  • Vivenda 4A: 59.01 m2+6.18 m2 rocho, 138.000€
  • Vivenda B: 87.06 m2, 185.000€
  • Vivenda C: 107.07 m2, 235.000€

Subida ao Castelo 9 (2 vivendas e 216 candidatos)

  • Vivenda A: 87.76 m2, 193.000€
  • Vivenda B: 89.59 m2, 197.000€
Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal