A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro coa alcaldesa de Oímbra
Tue Sep 24 17:56:47 CEST 2024
- Compartir
Ourense, 24 de setembro de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.
Neste encontro de traballo, que tivo lugar na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense, M. Allegue e Villarino abordaron varias cuestións relacionadas coas melloras urbanas e as axudas en materia de vivenda.
Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova