Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta licita os proxectos e a construción de 57 vivendas de promoción pública en Navia, Vigo, cun investimento de 12,8 M€

Escoitar

Habilitaranse dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública, destinadas ao alugueiro social

As empresas poden presentar as súas ofertas desde este martes 20 de agosto ata o 11 de outubro

Na construción destes inmobles introduciranse novas técnicas de construción industrializada, que axunten arquitectura con prefabricación para optimizar prezo, sostibilidade, seguridade, calidade e o mellor uso e mantemento dos inmobles

Con este grupo de vivendas, a Xunta xa ten en marcha un total de 316 vivendas de promoción pública das 359 que están previstas no Polígono 1 de San Paio de Navia

A Xunta segue avanzando na Estratexia de vivenda pública e protexida para duplicar nesta lexislatura o parque publico ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver chan para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres

Mon Aug 19 12:34:43 CEST 2024
  • Compartir

Vigo, 19 de agosto de 2024

A Xunta vén de licitar hoxe a redacción dos proxectos e a construción de 57 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo, ás que se destinará un investimento de 12,8M€. Trátase dunha promoción de vivenda protexida destinada ao alugueiro público e as empresas poden presentar as súas ofertas desde este martes 20 de agosto ata o día 11 de outubro.

En concreto, licítase os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción, con técnicas industrializadas e o uso de madeira, de dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IVA-6 e M-IVA-3 do polígono 1 de Navia.

Na parcela  M-IVA-3 prevese a construción dun edificio para 19 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie duns 844m2 e o plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 3 alturas máis ático.

Na parcela M-IVA-6 prevese a construción dun edificio para 38 vivendas, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie de 1.229 m2 e o plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 3 alturas máis ático.

Estes dous inmobles constitúen a segunda promoción que se executará en San Paio de Navia que incluirá a aplicación de técnicas construtivas industrializadas, despois dos outros dous edificios que albergarán 58 vivendas nas parcelas M-IVB-20 e M-IV22, cuxas obras saíron a licitación o pasado día 19 de xullo.

Neste sentido, a execución das obras de edificación levarase a cabo mediante novas técnicas de construción industrializada, aplicando unha ou varias patentes, que permitan axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que permita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.

Entre as técnicas industrializadas que se inclúen nas bases da licitación está o emprego de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como en outros elementos dos mesmos.

A construción deste grupo de vivendas conta con financiación europea, de xeito que a Xunta asumirá o 77,4% do coste, mentres que o 22,6% restante corresponde a fondos da UE a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Este novo proxecto cumpre o Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En concreto teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.

San Paio de Navia

Coa licitación deste grupo de vivendas, a Xunta xa ten en licitación ou proceso de adxudicación 316 das 359 vivendas de promoción pública que vai construír no Polígono 1 da ampliación do barrio vigués de Navia.

Neste Polígono 1 están a desenvolverse as obras de urbanización e, co obxectivo de que estas vivendas poidan ser unha realidade o antes posible, desenvolveranse de forma paralela aos traballos construtivos dos edificios residenciais.

Ademais das 359 vivendas de promoción pública, o parque residencial da cidade de Vigo reforzarase coa habilitación neste mesmo polígono de solo para a construción de 374 vivendas protexidas.

Ademais, a Xunta ten neste momento a licitación as obras de urbanización do polígono 2 por un investimento de preto de 16,4M€, para acometer o acondicionamento desta zona, fases A e B de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 719 vivendas.

O Goberno galego segue avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver chan para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres.

Área: Edificación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal