Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O director xeral do IGVS reuniuse esta mañá coa concelleira de Urbanismo ferrolá para abordar diversos asuntos de interese municipal en materia residencial

A Xunta licita a redacción dos proxectos para construír 54 vivendas de promoción pública en Ferrol

Escoitar

Promoverase a edificación de dous bloques con 27 vivendas cada un sobre sendas parcelas urbanizadas pola Xunta de Galicia no polígono ferrolán do Bertón

O investimento previsto para os proxectos e a dirección de obra supera os 500.000 €
 

Thu Jul 06 15:35:00 CEST 2023
  • Compartir

Ferrol, 6 de xullo de 2023

A Xunta de Galicia investirá un total de 503.471,46 euros na redacción dos proxectos para construír 54 vivendas de promoción pública (VPP) na cidade de Ferrol. Así o indicou esta mañá o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, quen explicou que hoxe mesmo saíu publicada a licitación de ambos contratos, que inclúen tamén a dirección das futuras obras.

As vivendas construiranse divididas en 2 bloques con 27 VPP cada un deles e emprazaranse nas parcelas 1 e 2 do polígono ferrolán do Bertón, que urbanizou o IGVS e no que xa existen outros dous grupos de vivendas de promoción pública construídos por este mesmo organismo, cun total de 52 vivendas.

Concretamente, o contrato licitado hoxe para a redacción do proxecto de 27 vivendas na parcela 1 do Bertón licitouse por 257.122,50 euros e o das 27 vivendas correspondentes á parcela 2, saíu a licitación por un importe de 246.348,96 euros.

Os adxudicatarios contarán con mes e medio para a redacción dos proxectos básicos e doutros dous meses e medio para completar os de execución. Ambos contratos prolongaranse o tempo que dure a construción das vivendas, xa que inclúen tamén a dirección das obras.

O director xeral do IGVS mantivo esta mañá unha reunión en Ferrol coa concelleira de Urbanismo, Blanca García, na que abordaron diversos asuntos relacionados coa vivenda en Ferrol e, de maneira especial, a marcha das actuacións do Programa Rexurbe. O obxectivo fundamental da xuntanza era o de axilizar a tramitación das licenzas de rehabilitación pendentes e avanzar nas actuacións en Ferrol Vello por parte da Xunta, onde ten adquiridos xa 22 inmobles para rehabilitar e tramita a adquisición doutros 2.

 

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal