Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O programa da Xunta de avais para a compra de vivenda por menores de 36 anos conta cun orzamento de 5 M€

Escoitar

A axuda poderá solicitarse ata o vindeiro 30 de novembro e vai dirixida a apoiar a mozos galegos na adquisición da súa primeira vivenda e cuxos ingresos non superen os 46.200 €

Fri May 12 12:52:00 CEST 2023
  • Compartir

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023 O novo programa da Xunta de Avais para a mocidade contará para este ano cunha dotación de 5 millóns de euros para facilitar a adquisición de vivendas por parte de menores de 36 anos de euros. Así o indicou está mañá no Parlamento o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, en resposta a unha pregunta sobre este programa e a súa dotación para 2023.

Tras lembrar que o prazo de presentación das solicitudes abriuse o pasado 28 de abril e estenderase ata o 30 de novembro, García indicou que esta iniciativa estaba incluída no Pacto social pola vivenda 2021-2025, acordado en xaneiro do ano 2021 coa totalidade de colectivos implicados no mundo da vivenda, desde promotores e construtores, a arquitectos, aparelladores, cooperativas ou consumidores.

O obxectivo, segundo explicou, é facilitar o acceso á vivenda en propiedade a aqueles mozos galegos que, dispoñendo de medios económicos para o pago da hipoteca, non contan cos aforros suficientes para cubrir o 20% do custo que, habitualmente, non financian as entidades bancarias. Deste xeito e a través da concesión de avais públicos, a hipoteca dos mozos beneficiarios poderá acadar o 100% do custo de adquisición, o que facilita o acceso deste colectivo a un fogar.

A axuda vai dirixida á compra da primeira vivenda, que se destinará a residencia habitual e permanente do adquirente e cuxo prezo de adquisición se moverá entre os 130.000 e 240.000 euros, dependendo da zona xeográfica na que se atope a vivenda. En canto aos requisitos dos beneficiarios, indicou que os ingresos non poden superar os 46.200 euros.

Polo momento, o director xeral explicou tamén que os avais serán aplicables só a préstamos hipotecarios concedidos por Abanca ou por Caixa Rural Galega, entidades coas que o IGVS xa asinou os correspondentes convenios de adhesión ao programa de Avais para a mocidade o pasado 28 de abril.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal