Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou hoxe a escritura de compravenda

A Xunta adquire 3 inmobles en Ferrol por case 200.000 € para rehabilitalos e destinalos a vivendas protexidas

Escoitar

Ángeles Vázquez subliña que Ferrol é o municipio no que o Goberno galego comprou máis edificios e solares ao abeiro do programa Rexurbe

Mon Mar 27 12:39:00 CEST 2023
  • Compartir

Ferrol, 27 de marzo de 2023 A Xunta adquiriu 3 inmobles en Ferrol por preto de 200.000 euros para rehabilitalos e destinalos a vivendas protexidas, tal e como anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tras a escritura de compravenda dos edificios que se localizan nos números 27, 36 e 38 rúa San Francisco. 

Acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, a conselleira avanzou que, proximamente, está previsto comprar outro edificio -que abranguería dous números- polo que o Goberno galego disporía de 24 inmobles na cidade. Cómpre lembrar que a Administración autonómica xa é propietaria doutros 19 edificios en Ferrol Vello, dos que un xa está rehabilitado e os restantes están en diferentes fases de licitación ou adxudicación. De feito, “Ferrol convértese na cidade onde máis inmobles temos adquirido ao abeiro do programa Rexurbe”, incidiu Ángeles Vázquez. 

O programa Rexurbe é unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a alugueiro social. Na actualidade, a Xunta dispón dun total de 81 inmobles en toda a Comunidade, dos que 18 xa están rehabilitados. Ademais está en proceso de adquisición doutros 10, polo que en total son 91 os inmobles incluídos no programa. 

Ademais, Ferrol conta tamén cunha Área Rexurbe –a sexta declarada en Galicia-, unha figura creada ao abeiro da Lei de rehabilitación aprobada en 2019 co fin de facilitar a revitalización de ámbitos que, polas súas especiais características, precisan dunha maior implicación por parte das distintas administracións públicas para mellorar as condicións de vida da súa veciñanza e dotalos dos recursos necesarios para garantir que recuperen o seu antigo dinamismo. 

O ámbito de actuación desta Área Rexurbe abrangue unha superficie de 105.300 m2, onde se identificaron 269 edificios e 1.019 vivendas, e que é coincidente co ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello.

Ao abeiro desta iniciativa, fíxanse como liñas estratéxicas a recuperación do patrimonio construído, a aposta pola eficiencia enerxética na rehabilitación, a mellora da oferta de servizos e espazos libres, o impulso á mobilidade sostible, a axuda para implantar empresas tecnolóxicas, o apoio á poboación dependente, ou a creación de postos de traballo no eido social, entre outras.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal