Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta adxudica por máis de 134.000 euros a obra de humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos no Concello da Peroxa

Escoitar

As actuacións permitirán humanizar a contorna das vivendas sociais, mellorar o acceso á área de auto caravanas, acondicionar beirarrúas na estrada OU-0502 e ampliar o alumeado público do recinto de feira


O Goberno galego destinará 8,6 millóns de euros este ano a seguir apoiando os concellos na execución deste tipo de obras, un 23% máis que en 2022

 

Fri Mar 10 14:46:00 CET 2023
  • Compartir

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023 A Xunta de Galicia adxudicou recentemente o proxecto para a humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos no Concello da Peroxa por máis de 134.000 euros.

 

A actuación, financiada conxuntamente por ambas administracións cunha achega do 70% por parte da Xunta e do 30% do Goberno local, ten un prazo de execución de 3 meses e incluirá a mellora do acceso á área de auto caravanas e o acondicionamento de beirarrúas na estrada OU-0502 en 3 treitos da entrada á localidade.

 

A maiores, tamén se humanizará a contorna das vivendas sociais coa renovación e ampliación das infraestruturas para dotar de servizos urbanísticos á zona, a realización dun muro de contención de perpiaño de ata 1,50 metros de altura para salvar o desnivel existente entre a beirarrúa e o entronque coa estrada, pavimentación asfáltica e acondicionamento zona verde. Tamén se ampliará o alumeado público do recinto de feira con 5 puntos de luz.

 

Estas obras acometeranse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010, co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza.

 

Desde entón, mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 410 iniciativas urbanísticas en decenas de concellos galegos co obxectivo de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas. De feito, o Concello da Peroxa xa levou a cabo a mellora dos vestiarios do club fluvial dos Peares ao abeiro deste programa no ano 2017.

 

A Xunta destinará 8,6 millóns de euros este ano a seguir apoiando os concellos na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal