Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou a escritura de compra-venda da parcela

A Xunta salienta a ampliación do parque residencial da Coruña coa venda dunha parcela para construír 90 vivendas protexidas no barrio de Xuxán

Escoitar

Ángeles Vázquez explica que todos os inmobles contarán con 2 baños, unha praza de garaxe e un rocho, e no que respecta á distribución interna, terán 2, 3 ou 4 dormitorios

Tue Mar 07 12:43:00 CET 2023
  • Compartir

A Coruña, 7 de marzo de 2023 A Xunta de Galicia salienta a ampliación do parque residencial da Coruña coa venda dunha parcela para construír 90 vivendas de protección autonómica (VPA) no barrio de Xuxán, co que avanza no compromiso de poñer á disposición dos veciños da cidade arredor de 1.100 vivendas protexidas.

 

Logo da sinatura da escritura de compra-venda da parcela, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, explicou que todas as vivendas contarán con 2 baños, unha praza de garaxe e un rocho, e no que respecta á distribución interna, haberá fogares con 2, 3 ou 4 dormitorios.

 

Deste xeito, construirá un edificio con 5 portais con 5 andares de vivendas; planta baixa destinada a locais comerciais; semisoto destinado a rochos, e dúas plantas de soto destinadas a prazas de garaxe. A promoción contará tamén con 66 prazas de garaxe non vinculadas e 2 cuartos de bicicletas.

 

Ángeles Vázquez puxo en valor que a cooperativa adxudicataria desta parcela tamén está a construír outras 90 vivendas noutro espazo deste barrio coruñés, co que xa ten en marcha ou en proxecto 180 VPA.

 

E, nesa liña, a conselleira lembrou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo convocou o pasado mes de novembro un concurso de venda de 5 parcelas de solo residencial no barrio de Xuxán, nas que se poderían edificar unhas 250 vivendas protexidas.

 

A maiores do solo residencial comercializado, cómpre salientar que o IGVS construíu ou ten en proxecto un total de 138 vivendas de promoción pública, das que 40 están rematadas e en proceso de adxudicación en alugueiro. Outras 40 xa teñen adxudicada a redacción do proxecto e as 58 restantes están na fase de licitación da redacción do proxecto de construción.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal