Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta convocará axudas por máis de 28 M€ para fomentar a construción de vivendas en alugueiro

Escoitar

Haberá incentivos para impulsar novas promocións residenciais en solo público e tamén para o fomento de aloxamentos temporais, cohousing ou vivendas interxeneracionais, así como de inmobles destinados a persoas maiores ou con algunha discapacidade

Wed Nov 16 15:35:00 CET 2022
  • Compartir

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2022 O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, mantivo esta mañá unha reunión co presidente de Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), Ángel Jove, acompañado do secretario da asociación e de empresarios promotores de vivendas para alugueiro na que se trataron diversos aspectos das axudas que a Xunta vai convocar destinadas á construción de vivendas para alugueiro.

 

Por un lado, o director xeral explicou as axudas destinadas á construción de vivendas en alugueiro sobre solo público, que poderán ser promovidas por promotores públicos, concellos e privados e deberán destinarse a alugueiro por un prazo mínimo de 50 anos. As vivendas deberán construírse sobre solo público tanto propiedade da Xunta como doutras administracións, por exemplo, parcelas de titularidade municipal.

 

A convocatoria destas subvencións publicarase proximamente e estará dotada con 16,12 millóns de euros financiados con fondos europeos.

 

Ademais, tamén se falou de dous programas novidosos incluídos no Plan para o acceso á vivenda 2022-2025 e que poden resultar de interese para o sector: as axudas para o de fomento de aloxamentos temporais, tipo cohousing, vivendas interxeneracionais e modalidades similares, e as subvencións para fomento de vivendas para persoas maiores ou persoas con discapacidade. Ambas liñas de axudas tamén se convocarán proximamente, cunha dotación total de 12,3 millóns de euros.

 

Por último, na xuntanza abordaron outros aspectos relacionados coa promoción de vivendas destinadas a alugueiro, como as rendas aplicables ou a tramitación das axudas que se van convocar. Ademais, acordouse a celebración dunha nova xuntanza para analizar as suxestións que van a presentar os promotores inmobiliarios.

 
Área: Edificación ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova
Tipo información: Axudas e subvencións ; Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal