Volver ao contido

Portal IGVS

Mellora da eficiencia enerxética en edificios

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Mellora da eficiencia enerxética
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
  • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
volver Volver
  • Mellora eficiencia enerxética
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Rehabilitación

REHABILITACIÓN - EFICIENCIA ENERXÉTICA

Escoitar
Thu May 26 00:01:00 CEST 2022
  • Compartir

Axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (VI406F)

Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares.

 Persoas beneficiarias

 Poderán ser beneficiarias das axudas:

  1. As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídica de natureza privada.
  2. As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
  3. As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código Civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.
  4. As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme co disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de Propiedade Horizontal e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.
  5. As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

 

 Requisitos das actuacións subvencionables

Son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas (neste último caso exixirase que, polo menos, o 50% da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda), sempre cumpran os seguintes requisitos:

  1. Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35% se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25% se están situados en zona climática C.
  2. Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

 

  • No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico nos que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento Básico DB HE de Aforro de enerxía do Código Técnico da Edificación.
  • Así mesmo, nos edificios nos que se realizaren nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética nas que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no apartado 1 quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude, se alcanzara a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida, o que deberá acreditarse mediante a correspondente certificación de eficiencia enerxética.

Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

Contía das axudas

 a contía máxima da subvención a conceder por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións a desenvolver e  non poderá superar os seguintes límites:

Aforro enerxético conseguido coa actuación

Porcentaxe máxima da subvención do custe da actuación 

Vivenda

Locais comerciais ou outros usos

Contía máxima da axuda por vivenda (euros)

Contía máxima da axuda por m2 (euros)

30% ≤ ΔCep,nren < 45%

40

6.300

56

45% ≤ ΔCep,nren < 60%

65

11.600

104

ΔCep,nren ≥ 60%

80

18.800

168

 

Dentro dos límites establecidos na táboa anterior, poderán considerarse subvencionables os custos de xestión inherentes ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados, os honorarios dos profesionais intervinientes na xestión e desenvolvemento das actuacións, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos  e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativos e outros gastos  xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poidan ser susceptibles de recuperación ou compensación total ou parcial.   

Naqueles casos nos que se teña que proceder á retirada de elementos con amianto, poderá incrementarse a contía máxima da axuda na cantidade correspondente aos custos debidos á retirada, a manipulación, o transporte e a xestión dos residuos de amianto mediante empresas autorizadas, ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.

 

  • Cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgunha das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, e de acordo cos criterios establecidos na comisión bilateral de seguimento, poderá concederse unha axuda adicional que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable ao dito propietario ou usufrutuario.

 

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda
  • Cartel de obra
  • Modelo Anexo autorización comprobación de datos previo pago-anticipo
  • Cartel de obra 2023
  • Cartel de obra 2022

Ligazóns relacionados

  • Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)
  • EXTRACTO da Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal