PROMOCIÓN
Fondo de cooperación para a promoción de vivenda protexida de nova construción(VI406I)
- Compartir
Convocar, para a anualidade de 2025, o acceso ao Fondo de cooperación.
Todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
A promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores públicos ou privados.
-
As de urbanización dirixidas ao paso dun ámbito de solo da situación de rural a urbanizado para crear, xunto coas correspondentes infraestruturas e dotacións públicas, unha ou máis parcelas aptas para a edificación ou uso independente e conectadas funcionalmente coa rede dos servizos esixidos pola ordenación territorial e urbanística.
-
A adquisición de chan para a promoción de inmobles de nova construcción para a súa cualificación como vivendas protexidas.
-
Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individual ou conxuntamente, excedan do 40 % do total do importe co que está dotado o Fondo de cooperación. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen devandito límite.
-
O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder de oito anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
-
A reposición das cantidades correspondentes a cada anualidade deberá realizarse antes do último día hábil do mes de setembro de cada ano.
-
O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.