Volver ao contido

Portal IGVS

Compra de vivenda en conxuntos históricos

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
  • Adquisición
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Covid-19
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
  • Compra de vivenda en conxuntos históricos
    • Compra de vivenda protexida
    • Compra de vivenda no rural
    • Compra de vivenda en conxuntos históricos
    • Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)
volver Volver
  • Adquisición
    • Compra de vivenda protexida
    • Compra de vivenda no rural
    • Compra de vivenda en conxuntos históricos
    • Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)

Axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos

Escoitar
altavoz readspeaker
12/01/2022
  • Compartir

Axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (VI400A)

Estas axudas teñen por obxecto subvencionar a compra de vivenda nos centros históricos para favorecer o asentamento de nova poboación nos conxuntos históricos e contribuír á dinamización social, económica e patrimonial destes ámbitos.

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, con carácter xeral, cumpran os seguintes requisitos:

  • Posuír a nacionalidade española ou ter a residencia legal en España.
  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).
  • Ter adquirida unha vivenda con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.
  • No caso de dispoñer de escritura pública, que a persoa solicitante e a súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en España, agás excepcións.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia estea incursa nalgunha das causas para obter axudas.

Requisitos das vivendas subvencionadas

  • Deben ser vivendas adquiridas a partir do 1 de xaneiro de 2022 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.
  • Que se trate de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse as vivendas novas, as usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación.
  • Que o prezo de adquisición da vivenda non supere os seguintes límites:
    • No caso de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico dos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo: non pode superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior (1.773,72 €), computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.
    • No caso de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico dos concellos non sinalados no parágrafo anterior: non poderá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia (1.364,40 €), computando unha superficie útil de 120 m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes a dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8% no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2% no suposto de dispoñer de rocho.

Contía das axudas

A contía da axuda para a adquisición de vivenda será de ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e de 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

En todo caso, no suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda.

As axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda, o cal non incluirá os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

Adquisición de vivendas por varias persoas conxuntamente

Neste suposto, cada unha das persoas adquirentes da vivenda deberá presentar unha solicitude, sempre que reúnan os requisitos.

A contía da axuda será proporcional á súa porcentaxe de participación na compra da vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2022.

 

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia

Ligazón a sede electrónica

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).
EXTRACTO da Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).
Relación de centros históricos.

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda.

Ligazóns relacionados

  • Áreas Rexurbe declaradas.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal